Día internacional do libro

Colle un libro. Mergúllate nas súas páxinas. Conquista mares e montañas. Descobre quen roubou o tesouro. Pasea polo bosque co teu monstro favorito. Nada entre golfiños e sirenas en busca da Atlántida. Porque non tes escusa. Tes que celebrar o día internacional do libro.

Historia do día internacional do libro.

O 23 de abril de 1616 falecían Miguel de Cervantes e William Shakespeare. Estes dous grandes escritores revolucionaron a literatura universal. Esta coincidencia é a razón pola que a UNESCO elixiu en 1995 este día como o día internacional do libro e do dereito de autor. O seu obxectivo é fomentar a lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual por medio do dereito de autor. En 2018 Atenas é a capital internacional do libro. O comité da UNESCO eloxiou os esforzos de Grecia ao realizar actividades de gran calidade de fomento da lectura, especialmente con inmigrantes e refuxiados.
En España, esta celebración é máis antiga. O 6 de febreiro de 1926 Alfonso  XIII asinou un Real Decreto polo que se creaba a Festa Nacional do Libro. A modo de curiosidade, por aquel entón celebrábase o 7 de outubro (data na que se cría que había nado Cervantes). Poucos anos despois, o día trasládase oficialmente ao 23 de abril. No noso país neste día entrégase o Premio Cervantes, máximo galardón da literatura hispana.
Aproveitando este día tan especial desde Gadis gustaríanos recomendar a escolas e familias unha serie de libros que nunca fallan. Somos conscientes de que moitas veces baixo una un título sedutor ou unha cuberta espectacular atópanse contidos  estereotipados ou pouco apropiados para nenos. Con esta pequena selección podémosvos asegurar que acertardes seguro.

Libros para menores de 5 anos.

Non hai idade mínima para iniciarse cos libros. É máis, recomendamos a todas as nais e pais que deixen aos seus bebés tocar, morder,  babear… libros de tea ou cartón duro, apropiados para iso. Pero máis aló disto, animarvos a ler aos vosos fillos e fillas contos sinxelos e moi visuais.
A colección Do berce á lua, da editorial  Kalandraka é imprescindible para os moi pequenos (a partir de 2 anos). Se che gusta viaxar e queres compartir ese  hobbie coas túas fillas/vos, a colección Busca y encuentra de Judith Drews é o que necesitas. Editada por Anaya Infantil e Xuvenil, baséase en buscar a personaxes en todas as páxinas e seguir unha multitude de historias entrelazadas sen palabras. Londres, París e Barcelona son os destinos que podes descubrir con eles.
Non nos podemos esquecer dos libros-CD. Sonárbore é a colección dos libros-discos da editorial Galaxia. Pablo Díaz, Mamá Cabra, A Gramola Gominola ou María Fumaça fan as delicias dos máis pequenos. Quen no oiu aos peques cantar: “fun ao mercado comprar café, veu a formiguiña e picoume no pé. Eu sacudín, sacudín e sacudín. Mais a formiguiña non paraba de subir”.

Primeiras lecturas de 6 a 8 anos.

É momento para falar de grandes clásicos que a día de hoxe seguen sendo imprescindibles.  Roald Dahl coas súas xoias como Charlie e a fábrica de chocolate, Matilda ou James y el melocotón gigante está nos andeis de miles de casas. Pero tamén conta con outros títulos menos coñecidos como La maravillosa medicina de Jorge, onde o protagonista se pasa máis de medio libro mesturando ingredientes moi estraños para vingarse da súa avoa rosmona.
Se optamos por inicialos na lectura de cómics recomendámosvos a colección Marcopola. Cheos de fantasía, personaxes máxicos, letra grande e clara e ilustracións coidadas. Tamén Feliz Feroz, onde a loba feroz está preocupada porque o seu fillo é moi bo. Ocórreselle a gran idea de envialo de vacacións co seu tío, o lobo feroz. Pero o que parecía a solución, convértese nunha aventura moi divertida con final sorprendente.
Finalmente, non podemos deixar de citar a colección Pequena e grande. Recomendada a partir dos 6 anos, percorre a vida de grandes mulleres como Marie Curie, Frida Kahlo, Dian Fossey, Ela Fitzgerald ou Gloria Fortes.

Marie Curie. Frau Isa e Mª Isabel Sánchez Vegara. Fonte: Alba Editorial

Grandes lectores a partires de 8 anos.

A partir dos 8 anos, empézase a “devorar” libros. E temos que empezar o noso percorrido pola saga Harry Potter. Resulta difícil atopar a nenas ou nenos (e tamén adultos) que non sucumbisen aos feitizos deste mozo meigo.  Alohomora.  Lumos. Wingardium Leviosa, máis dun “practicamos” estes esconxuros coa esperanza de que funcionasen 😉

Harry Potter y la piedra filosofal. J.K. Rowling. Fonte: Editorial Salamandra

Se prefiren libros de misterio,  Perrock Holmes combina as aventuras, o suspense e o humor.   Esmeraldina, a pequena pantasma é a divertida  precuela de Escarlatina, a cociñeira cadáver. Libros de  Ledicia Costas, a nova voz da literatura infantil galega e Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.
En liña da colección Pequena e grande, temos Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes. Un libro  inspiracional coas historias de 100 mulleres extraordinarias do pasado e do presente. Desde Frida Kahlo a Serena Williams.   
Por último, non queremos esquecernos de clásicos títulos como O Principiño, de Antoine de  Saint- Exupéry, a colección de  Manolito  Gafotas de Elvira Lindo, Fray Perico y su borrico de Juan Muñoz Martín.
Esperamos que esta pequena selección agrádevos tanto como a nós. FELIZ DÍA DO LIBRO!

Deja un comentario