Consellos para teletraballar mellor

O coronavirus deu paso a unha nova realidade laboral, na que o teletraballo se convertíu nunha peza crave. Entre as medidas adoptadas para evitar a propagación do virus e minimizar o impacto do confinamento sobre a actividade produtiva e económica do país, estableceuse o carácter prioritario do teletraballo, a condición de que fose posible. Así mesmo, a batería de medidas aprobadas na Real Decreto Lei 15/2020 do 21 de abril prorroga dous meses máis o seu carácter prioritario, é dicir, o teletraballo prolongarase ata tres meses máis nas nosas vidas. Con todo, todo apunta a que a “nova normalidade” á que nos iremos incorporando paulatinamente nas próximas semanas afianzará o papel preferente do teletraballo. Por iso, desde Gadis queremos compartir contigo algúns consellos para teletrabajar mellor.

Consellos para teletraballar mellor

Antes da crise da COVID19, en España, apenas un 4,3% dos traballadores conectábase a distancia para desempeñar o seu traballo segundo as estatísticas de Eurostat. O estudo semestral de Adecco, presentado o pasado marzo, ofrece cifras un pouco máis elevadas, reflectindo un continuo crecemento da proporción de persoas que traballan, polo menos ocasionalmente, desde o seu fogar. Así, atribúe unha porcentaxe do 7,9% ao total de traballadores que teletraballaron durante o cuarto trimestre de 2019, rexistrando un máximo histórico e un aumento interanual de catro décimas respecto ao ano anterior. Entre as rexións con maior crecemento de teletraballo nese período, atópase Galicia cun 10,3% e un incremento interanual do 1,3%.

Esta pandemia está a acelerar unha tendencia que xa estaba á alza no noso país. O teletraballo converteuse nunha vantaxe competitiva e diferencial para facer fronte á crise que estamos a vivir. Así mesmo, é unha opción que permite aforrar tempo e facilita a conciliación da vida persoal e profesional, pero necesita unhas pautas para ser implementada. Se o teletraballo é unha situación nova para ti, seguramente xa te darás conta de que é fácil caer nalgúns hábitos que afectan á túa produtividade. Non sempre é fácil a conciliación no fogar e, con todo, o traballo non é menos esixente. Aquí deixámosche algúns consellos que esperamos que che axuden:

1. Crea un espazo de traballo cómodo adaptado as túas necesidades

É importante que utilices un lugar exclusivo para traballar. Evita o sofá, a cama, a cociña ou calquera outro espazo no que poidas distraerte. A desorde ou a asociación con outras obrigacións dificultan a concentración. É conveniente, ademais, que poidas manter certa privacidade ou que, polo menos, poidas evitar interrupcións cada pouco tempo. Non esquezas cuestións como a ergonomía, a ventilación e a luz natural. Inflúen, notablemente, no teu rendemento. Trata de achegar elementos que o convertan nun sitio agradable no que che guste estar. A todos nos apetece traballar nun sitio bonito e é a maneira de garantir unha boa imaxe cando te conectas por videochamada 😉

2. Planifica os teus horarios e mantén hábitos estritos

Establece unha rutina diaria co mesmo horario de traballo. A planificación é fundamental. Espértate con tempo suficiente para ducharche e almorzar antes de empezar a traballar. Sen dúbida, iniciarás a xornada con outra enerxía. Organízate para dedicar as horas máis produtivas ao traballo máis duro e as menos produtivas ao máis monótono. Así, evitarás xornadas interminables de traballo, a xente saberá cando estás no teu horario laboral e aumentará a túa produtividade. Antes de comezar, podes marcarte os obxectivos da xornada para motivarte.

3. Mantén unha comunicación continua e fluída con compañeiros, superiores e clientela

Ao traballar desde casa, podes ter certa sensación de illamento. Por iso, é importante manter un contacto fluído co teu equipo, cos teus superiores e cos teus clientes. É unha maneira de mellorar a túa produtividade e de manter a túa motivación. Hoxe en día, a tecnoloxía ofrécenos múltiples ferramentas para a comunicación en distintos ámbitos, desde a organización do traballo en equipo ata as reunións virtuais.

4. Evita o sedentarismo

Márcate algún obxectivo para facer exercicio e non descoides a túa alimentación. Tampouco esquezas levantarte de cando en vez para realizar algúns estiramentos e evita as malas posturas. As contracturas aparecen con facilidade se pasamos moito tempo na mesma posición.

5. Separa o ocio das obligacións laborais

Un risco do teletraballo é non diferenciar ben o tempo de lecer do laboral. É importante establecer determinadas normas para evitar que un interfira no outro. Nos momentos de descanso, non consultes o correo de traballo nin introduzas ningunha tarefa relacionada con el. Mentres estás a traballar, evita aquilo que xere distracción: non consultes redes sociais, non respondas a chamadas de carácter persoal, evita realizar tarefas do fogar, etc.

6. Coida a túa imaxe

Roupa cómoda si, pero sen esquecer que estás a traballar e que quizá teñas que atender unha videochamada en calquera momento. Nada de pixama! Porque, inevitablemente, estás a mandar ao teu cerebro o sinal equivocado. Traballar coa mesma roupa coa que dormes pode xerar unha sensación de relaxación e aletargo.

7. Música instrumental

A música é unha boa compañeira, pero é conveniente que coides a túa selección. Mellor sen letra e cun ritmo que convide a traballar ou, polo menos, non distraia. Has de evitar calquera elemento que roube a túa atención. A radio só para aquelas actividades monótonas que non requiran moita concentración.

8. Apaga o ordenador ao finalizar a xornada

Este é un hábito importante que che axudará a desconectar e evitar pensar constantemente no teu traballo. Convén que esteas alerta aos sinais que indican que o teu traballo invade o teu tempo de lecer e familiar para frealas. Se deixas o computador hibernando, é máis fácil caer na tentación de ir rematar unha tarefa cando xa finalizaches o horario establecido. É necesario que teñas tempo libre e que sexa de calidade.

Iniciácheste no teletraballo debido á emerxencia sanitaria? Que che funcionou para lograr unha mellor conciliación entre a túa vida laboral e familiar?

Deja un comentario