Beneficios e contraindicacións das fabas

A faba é unha legume pequena, pero alongada, de cor verde clara e branca que se pode comer nunha gran cantidade de receitas, pero que tampouco é habitual na dieta de moitas persoas. E a verdade é que, exceptuando algúns casos concretos, é algo que deberías cambiar, xa que as propiedades e beneficios das fabas son moito máis numerosas que as súas contraindicacións.

É un produto que podes mercar fresco directamente para cociñar ti na casa ou que podes atopar xa precociñado en bote, ideal para engadir directamente a unha ensalada, por exemplo. Ambos formatos os podes atopar en calquera supermercado Gadis.

Propiedades e beneficios das fabas

As fabas aportan grandes doses de enerxía e proteínas, xa que cada 100 gramos aportan 341 calorías. Tamén destacan polo seu aporte en fibra dietética, importante para protexer a mucosa do colon e combater a acumulación de substancias tóxicas no aparato dixestivo. Ademais, axudan a reducir os niveis de colesterol no sangue.

Os nutrientes máis presentes nas fabas son os desoxidantes, as vitaminas, os minerais e os esterois vexetais. Tamén son ricas en fitonutrientes como a isoflavona. En canto á súa axuda para combater e previr enfermidades (como reforzo, non como tratamento) destaca a función de desoxidantes e da Levo-dopamina na prevención de enfermidades dexenerativas.

As fabas tamén son unha excelente fonte de folatos, que son, xunto coa vitamina B-12, un dos compoñentes esencias da síntese de ADN y a división celular. Ademais, son unha das mellores fonte de minerais como ferro, cobre, manganeso, calcio, magnesio e potasio.

comprar legumbres en gadis

Contraindicacións das fabas

Existen dous grandes grupos de persoas que deben limitar o consumo de fabas ou directamente eliminala. Son os alérxicos a este alimentos e os que sofren de problemas dixestivos. Esta legume pode ser difícil de dixerir, sobre todo se non se cociña ben. Unha forma de evitalo é manténdoas en remollo durante un par de días antes de preparalas.

Como recomendación xeral, os bebés non deben comelas (até pasados 18 meses), e para os nenos debes racionalas ben, sen abusar. Por último, se precisas seguir unha dieta baixa en potasio, tampouco debes consumir moitas fabas.

Deja un comentario