Alimentos con DOP e IXP

A riqueza cultural móstrase tamén nos alimentos. Son moitas as tradicións ao redor da súa produción que atopamos nas distintas rexións, tanto en España coma no resto do mundo. Cada unha coas súas especificidades. Non che parece importante protexer a variedade dos produtos tradicionais? A final de contas, forman parte dos tesouros máis valiosos de calquera país e, sen dúbida, son o aceno de identidade da cultura rural, ademais de apoiar á produción local, non crees? Afortunadamente, a normativa europea conta con mecanismos para preservar esta diversidade a través das Denominacións de calidade. Sóanche as siglas DOP e IXP? Seguro que as viches algunha vez nos nosos supermercados Gadis 😉, xa que moitos dos nosos 944 provedores locales contan con esta certificación. Queres saber máis? Segue lendo!

Calidade diferenciada dos alimentos

Cando falamos de calidade diferenciada dos alimentos referímonos ao conxunto de características peculiares e específicas dun alimento debidas á orixe das materias primas utilizadas e/ou aos procedementos de elaboración. Conscientes da diversidade cultural e a riqueza dos produtos alimenticios e as bebidas de Europa, a Unión Europea estableceu os réximes de indicación xeográfica para protexer o saber facer, a autenticidade e unhas condicións agroambientais específicas. Esta normativa garante o cumprimento duns requisitos de calidade adicionais aos esixidos para o resto de produtos convencionais. Por tanto, as denominacións de produtos poden recibir o recoñecemento dunha “indicación xeográfica” (IX) se teñen un vínculo específico co seu lugar de elaboración. Eses produtos están protexidos por dereitos de propiedade intelectual e figuran nos rexistros da UE, nos que se pode consultar a información sobre as especificacións xeográficas e os pregos de condicións de cada produto.

As indicacións xeográficas que recoñecen a calidade diferenciada dos alimentos comprenden as indicacións xeográficas protexidas (IXP) e as denominacións de orixe protexidas (DOP). Son distincións que protexen o nome dun produto que procede dunha rexión específica e segue un proceso de produción tradicional particular:
– Os produtos de Denominación de Orixe Protexida (DOP) teñen que producirse con materias primas procedentes da rexión de orixe, onde tamén se deben levar a cabo todas as fases de produción. É dicir, esta distinción utilízase para os produtos con vinculación máis forte co lugar xeográfico no que se producen.
– Os produtos cunha Indicación Xeográfica Protexida (IXP) son aqueles que posúen algunha calidade determinada que poida atribuírse a unha orixe xeográfica e polo menos unha das fases de produción, transformación e elaboración debe ter lugar na rexión.

Estes produtos identifícanse cun selo da Unión Europea no que figura o tipo de indicación xeográfica co que contan. É un símbolo obrigatorio para os produtos agroalimentarios e de carácter voluntario para os viños e as bebidas espirituosas.

Para que serven e como se conseguen as indicacións xeográficas?

Cada vez, son máis os produtos que contan nas súas etiquetas co distintivo de calidade diferenciada (DOP ou IXP). Trátase dun recoñecemento que garante ao consumidor unha calidade tanto no referente á materia prima como aos procesos de elaboración e conservación. A concesión dunha indicación xeográfica é tamén un mecanismo de protección que confire ao produto dereitos de propiedade intelectual. Así, están xuridicamente protexidos contra as imitacións e os abusos dentro da UE e naqueles países non pertencentes á UE cos que se asinou un acordo de protección específico.

Para poder optar a calquera das dúas distincións, o produto debe axustarse a un prego de condicións co que os produtores se comprometen a manter a calidade e certos usos tradicionais na produción, e que debe incluír a seguinte información:
– O nome coa denominación de orixe ou a indicación xeográfica.
– A descrición do produto e as principais características físicas, químicas, microbiolóxicas ou organolépticas.
– A delimitación da zona xeográfica.
– Os elementos que proban que o produto é orixinario desa zona xeográfica.
– Os elementos que xustifican o vínculo entre o produto e o medio xeográfico.
– A descrición do método de obtención do producto e, no seu caso, os métodos locais, así como a información sobre o envasado realizado na zona xeográfica delimitada para salvagardar a calidad ou garantizar o orixe ou asegurar o control.
– O nome e a dirección das autoridades ou organismos encargados de verificar o cumprimento do indicado no pliego de condicións.
– Calquera norma específica de etiquetado para o produto en cuestión.
Posibles requisitos que deban cumprirse en virtude das disposicións comunitarias ou nacionais.

Produtos con indicación xeográfica en España

Según os datos de 2019, en España, 192 produtos agroalimentarios están amparados por unha distinción de calidade diferenciada (102 DOP e 90 IXP), nos que destacan o aceite de oliva virxe (14,8%), os queixos (14,3%), as hortalizas (12,8%), as froitas (12,2%) e as carnes frescas (10,2%). Por comunidades autónomas, Andalucía sitúase á cabeza con 33 indicacións xeográficas, seguida de Cataluña (22), Galicia (21) e Castela e León (19). No caso das bebidas, 91 viños contan cun selo de calidade diferenciada e 19 bebidas espirituosas foron recoñecidas con estas distincións.

Sabías que produtos como a mazá Reineta do Bierzo, a manteiga de Soria, o queixo de tetilla ou o pemento de Herbón, entre outros, contan cunha DOP? Pola súa banda, o botelo do Bierzo, a chacina de León, os grelos ou a pataca galega son algúns dos produtos que recibiron unha IXP. Seguro que a túa cesta da compra en Gadis inclúe máis produtos con selo de calidade europeo dos que pensabas, verdade? Podes consultar a listaxe completa aquí.