Alimenta a amizade 2020. Campaña solidaria para cans e gatos de protectoras

Do 1 ao 10 de outubro de 2020 poñemos en marcha a segunda campaña Alimenta a amizade. Unha recollida solidaria de penso e produtos de hixiene para os cans e gatos de entidades protectoras de Galicia e Castela e León. Nun momento crucial para o coidado dos peludos poñemos o foco na tenencia responsable e nos motivos de porqué é tan necesario responsabilizarse dos animais, á vez que concienciarnos sobre o labor das asociacións e protectoras de animais. Quizá xa teñas animais en casa e coñezas os beneficios e responsabilidade que iso supón, quizá esteas a pensar en adoptar. Hoxe en Gadis explicámosche a nosa nova campaña solidaria e o noso compromiso cos nosos grupos de interese.

Por que unha campaña para os cans e gatos sen fogar?

O compromiso social e ambiental que temos en Gadis é un claro exemplo de como cremos que debemos traballar en conxunto con todos os axentes sociais para a construción dun futuro mellor. Por iso, e por segundo ano consecutivo, asumimos o reto de impulsar un mundo máis próspero e saudable para os cans e gatos sen fogar. Facémolo a través da unión de forzas, coa suma de 51 entidades protectoras de animais de Galicia e Castela e León que se incorporaron a Alimenta a amizade 2020.
O precedente vén do ano 2019 cando promovemos a primeira edición de Alimenta a amizade con 33 protectoras participantes. Ese ano entre os nosos clientes e a nosa achega, do 20% do recadado, conseguimos 84.260 quilos que serviron como salvavidas para os miles de cans e gatos sen fogar. Ademais, esta recadación foi un gran respiro para as entidades participantes, xa que puideron centrar os esforzos dos meses seguintes noutras tarefas como a concienciación sobre a tenencia responsable, as campañas de vacinación e esterilización ou o rescate de máis animais abandonados.


Celebramos do 1 ao 10 de outubro Alimenta a amizade, xa que o 4 de outubro é o Día Mundial dos Animais. Unha data destacada no calendario para tomar conciencia das nosas accións e sensibilizar sobre a importancia dos animais. Alimenta la amistad tamén nos permite homenaxear a todas as persoas voluntarias que dedican o seu tempo e recursos ao coidado dos peludos.

Participa en Alimenta la amistad 2020

Vivimos tempos convulsos e iso fíxonos expor unha edición o máis segura posible. É por iso, polo que reducimos ao máximo as visitas das entidades aos supermercados Gadis cun novo protocolo para a campaña, para que as persoas voluntarias, a clientela e os nosos compañeiros e compañeiras se sintan igual de cómodos que sempre.
Ata o 10 de outubro cada vez que visites un dos 190 Supermercados Gadis nos que se realiza a campaña, poderás depositar penso, latas e area para os cans e gatos. Tamén son importantes os produtos de hixiene como a lixivia ou deterxentes para manter limpos os albergues. Na entrada dos Gadis participantes atoparás un espazo específico para a doazón de produtos, veralo facilmente xa que están sinalizados con carteis e material específico da campaña solidaria.


Ademais, do recadado nos nosos establecementos en Gadis achegaremos o 20% máis en produtos de alimentación e hixiene co fin de satisfacer as necesidades actuais das entidades. Con Alimenta la amistad colaboramos no cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) das Nacións Unidas ao apoiar ONG´ s e entidades sociais. Os ODS son unha folla de roteiro a seguir para o desenvolvemento sostible co horizonte fixado no 2030 e ao longo do ano 2019 realizamos máis de 2.300 colaboracións.

Tenencia responsable e necesidades actuais das entidades

Ter un can ou gato no fogar debe ser un acto de responsabilidade. Os animais convertéronse nun máis das familias xa que, fannos compañía, aumentamos as nosas interaccións sociais e facémoslles miles de fotos que compartimos en redes sociais. Pero cando levamos un animal a casa debemos ser conscientes de que é un ser vivo con necesidades específicas que hai que respectar e coidar. De nada serve facerlle fotos e darlle agarimos cando é cachorro e abandonalo cando se volve unha “carga”. Cando falamos de tenencia responsable falamos diso, de ser conscientes de que o coidado dun can ou un gato é para toda a súa vida.
España é un dos países da Unión Europea no que máis animais son abandonados anualmente. As razóns principais residen na falta de tempo, recursos económicos ou compromiso por parte dalgúns propietarios. As camadas non desexadas engrosan a lista de animais sen fogar. De feito, por mor da situación sanitaria detectouse un aumento de crías de gatos debido, entre outros motivos, ao non ser posible esterilizar durante o confinamento de moitas gatas da rúa.

Se pensas en adquirir un animal aconsellámosche que sexa unha decisión consensuada con toda a familia, que poidas dedicarlle tempo e, sobre todo, que adoptes. Na túa localidade seguro que hai unha entidade que está a desexar contarche o seu plan de adopcións e centos de cans e gatos desexando formar parte da túa familia. Nós deixámosche a listaxe das 51 entidades participantes en Alimenta a amizade, todas elas estarán encantadas de informarte do seu labor, de orientarte cara a unha adopción responsable e atopar ao teu novo compañeiro de casa.

Esperámoste nos nosos Supermercados Gadis cun gran sorriso! Esperamos verte e que xuntos, Alimenta a amizade 2020 sexa un gran éxito. Apúntaste?

Deja un comentario