5 APPS de actividade física

A actividade física é unha das claves para levar unha vida saudable e é necesario que forme parte da nosa rutina. Cada vez máis existen APPS coas que manterte activo é máis sinxelo. Falarémosche de cinco delas. Imos alá!

Está demostrado que practicar exercicio de forma regular contribúe a manter unha boa saúde e a previr enfermidades. Talvez os teus bos propósitos sucumben con frecuencia á preguiza, por iso queremos axudarche a vencela. O verán é unha boa época para comezar! O bo tempo mellora o teu estado de ánimo e axúdache a manter a constancia porque fai que che apeteza estar ao aire libre. Tes máis tempo, adoitas sentirte con máis enerxía e tes a oportunidade de practicar actividades en contornas moi agradables.
Sen ningunha dúbida, a tecnoloxía pode ser o teu gran aliado. Seguramente, tes un teléfono móbil de última xeración. Estes dispositivos ofrecen unha infinidade de aplicacións para que te poñas en forma e realices actividade física en calquera sitio. Só terás que descargarte algunha e poñerte en marcha. Xa non haberá escusa!

É evidente que ningunha aplicación pode substituír a un profesional, pero si pode darche o último empuxón para que te lances á práctica da actividade física. Ademais, axudaranche a crear unha rutina de exercicio e controlala, a marcarte obxectivos, a calcular o teu progreso e a realizar medicións dos exercicios, entre outras cousas. A oferta de aplicacións para iOS e Android é moi ampla e resulta complicado elixir. Non te preocupes! Aquí propoñémosche unha listaxe de cinco para que poidas iniciarte no mundo das apps de actividade física.

Non tes moito tempo e tampouco es fan da actividade física?

SEVEN – 7 minutos de exercicios é a aplicación ideal para quen é consciente de que deben tentar realizar actividade física aínda que non lles guste. Baseada no método orixinal de Chris Jordan, experto en fitness, propón exercicios de sete minutos para poñerte en forma. Podes elixir especificamente a zona que queres traballar ou podes optar pola opción para corpo enteiro. Son exercicios de alta intensidade que podes realizar en calquera lugar. Guíache paso a paso de acordo coas túas necesidades e non che quitará demasiado tempo. É unha aplicación gratuíta e está dispoñible para iOS e Android. Foi seleccionada como unha das mellores aplicacións para Android en 2016.

Es runner ou queres iniciarte no running?

Runkeeper é unha app que se adapta a distintos niveis de corredor. Está pensada para trotar e deséñache rutinas tanto se es principiante coma se levas un tempo practicando running ou vas preparar unha carreira. Permíteche controlar todas as túas saídas e gardar as estatísticas dos adestramentos. A aplicación mide a túa velocidade, rexistra os teus roteiros e infórmate sobre as calorías queimadas. A súa comunidade de usuarios converteuse nunha sorte de rede social especializada en running, na que se comparten roteiros e consellos. Tamén podes usala para o seguimento doutras actividades como ciclismo, esquí ou patinaxe. É gratuíta e está dispoñible para iOS e Android.


Queres un entrenador persoal no teu peto?

Endomondo é unha aplicación que conta tamén cun sitio web para axudarte a sacarlle o máximo partido á túa actividade física dunha forma divertida. Serve para calquera tipo de exercicio. Permíteche monitorar a actividade e tenta que non perdas a motivación. Como o fai? Controla o teu rendemento coma se fose o teu adestrador persoal. Conta cunha lista predeterminada de actividades nas que podes ir almacenando a túa información e marcarte metas. A aplicación tentará motivarte para que as cumpras. Tamén existe a opción de compartir os teus rexistros a través de diferentes redes sociais. É gratuíta e está dispoñible para iOS e Android.

Apetéceche unha actividade máis relaxada?

O ioga é unha disciplina que che permite traballar corpo e mente a través da súa práctica. Daily Yoga é a aplicación máis coñecida para o seu adestramento. Proponche exercicios a través de vídeos nos que unha voz che guía con instrucións á vez que escoitas unha música ambiental de fondo. Conta con máis de 50 clases e 400 posicións con indicacións detalladas. É apta para principiantes e expertos. A app ten sete plans gratuítos para que te familiarizarices coa actividade e axustes a intensidade. Cando queiras aumentar o nivel, deberás pagar un plan máis avanzado. Está dispoñible en iOS e Android.

Necesitas unha motivación extra?

O reto deportivo de 30 días é a túa aplicación! Esta app proponche un desafío de 30 días con exercicios para distintas partes do corpo (corpo enteiro, abdominais e glúteos). Para cada un dos exercicios hai tres niveis de dificultade: principiante, intermedio e avanzado. Seleccionas o tipo de exercicio e propoñerache un plan que tes que realizar durante 30 días consecutivos, no que irá aumentando gradualmente a dificultade. Conta con vídeos explicativos (a través de Youtube) e permítete rexistrar os teus progresos, así como compartilo a través das redes sociais. Ademais, ten a opción de enviar un recordatorio cada día a unha hora concreta. É gratuíta e está dispoñible para iOS y Android. Google seleccionouna entre as mellores aplicacións de 2016.

En Gadis temos un compromiso firme co fomento dun estilo de vida saudable e a actividade física é unha parte fundamental. Esperamos animarte a practicar exercicio para que experimentes os seus beneficios. Se é así, encantaranos que nos contes a túa experiencia!

Deja un comentario