10 consellos para aforrar enerxía en casa

Se es unha persoa preocupada polo aforro no fogar, seguro que sabes moitos trucos para rebaixar o importe da túa factura da luz. Sabías que con eles tamén estás a contribuír a minimizar o teu impacto sobre o medio ambiente? E é que en realidade somos conscientes da importancia da enerxía nas nosas vidas. Pero tamén é certo que como integrantes do primeiro mundo temos acceso fácil á enerxía, non lle damos moita importancia á falta de subministración ou á contaminación asociada ao proceso de produción enerxética.

A importancia da enerxía

O poder ter acceso a enerxía sustentable é un síntoma inequívoco das economías saudables e sustentables. Permite que todas as nenas e nenos poidan acender unha lámpada pola noite para ler un libro; que podamos conectarnos a internet en calquera lugar; que nas familias se poida cociñar un prato quente todos os días; que os negocios poidan funcionar e crecer, xerando empregos e novas oportunidades… Que sería do mundo sen enerxía!

A importancia do acceso universal é tal, que as Nacións Unidas na súa Axenda 2030 formulan un obxectivo específico. O ODS 7: Enerxía asequible e non contaminante. E é que segundo os seus datos oficiais:

• O 13% da poboación mundial aínda non ten acceso a servizos modernos de electricidade.
3.000 millóns de persoas dependen da madeira, o carbón, o carbón vexetal ou os refugallos de orixe animal para cociñar e quentar a comida.
A enerxía é o factor que contribúe principalmente ao cambio climático e representa alrededor do 60% de todas as emisións mundiais de gases de efecto invernadoiro.
• A contaminación do aire en locais pechados debido ao uso de combustibles para a enerxía doméstica causou 4,3 millóns de mortes en 2012, 6 de cada 10 destas foron mulleres e nenas.
• En 2015, o 17,5% do consumo final de enerxía foi de enerxías renovables.

A realidade do noso país é que España é un país fortemente dependente de importación enerxéticas. Segundo datos do Ministerio de Transición Ecolóxica, na súa publicación máis actual El Libro de la Enerxía en España 2016, máis dun 68% da demanda enerxética española cóbrese con produtos derivados do petróleo e do gas natural. Temos como país unha gran marxe de mellora se se opta polas enerxías renovables. E é que somos ricos no sol, vento, auga e territorio, ingredientes necesarios todos eles para un desenvolvemento de tecnoloxías enerxéticas limpas.

Consellos para aforrar enerxía na túa casa

1. Toma de consciencia enerxética.

Antes de poñernos en marcha a aplicar pequenos trucos que nos axuden a ser máis eficientes enerxeticamente nas nosas casas e aforrar uns euriños nos gastos mensuais, imos parar, analizar e reflexionar. Cal é a nosa situación actual? Para iso soamente necesitamos botar man das nosas facturas.

Collemos as facturas enerxéticas (electricidade e calefacción/ACS) do último ano. Ten a man un computador ou tableta cunha folla de Excel ou de LibreOffice para ir facendo sumas. Vas engadindo mes a mes os datos de kWh totais de enerxía eléctrica e kWh de gas natural/gasóleo de calefacción. Nun momento tes datos moi interesantes para comparar de consumo enerxético (kWh), gasto económico (€) e cociente gasto económico(€/kWh).

Que non che asuste facer isto. É moi fácil! E rapidamente adquires consciencia enerxética. De todos os xeitos se tes dificultades para entender a factura da luz, recomendámosche este artigo da OCU.

2. Aprende o que consumen os aparellos.

Sabedes o que consome a vosa flamante televisión de plasma de 50”? E a Playstation? O secador de pelo? O lavalouzas, a lavadora e a neveira? As novas luces haloxenas do salón? Seguramente que non. Propoñémosvos que o pescudedes en familia. Para iso basta con recrear o famoso concurso de televisión O Prezo Xusto. Para os nosos lectores máis novos, tratábase dun concurso onde os/as participantes tiñan que acertar o prezo dun obxecto. Gañaba o que máis se achegaba ao prezo real, sen pasarse! Aquí podedes ver algún corte da hemeroteca de TVE.

Con esta idea en mente, animámosvos a que cada persoa da familia diga unha cifra de consumo diario por aparello. Para coñecer o consumo real (sen necesidade de comprar ningún medidor de enerxía), basta con recompilar os manuais e multiplicar a potencia polo número de horas que permanece aceso. Que divertido!

3. Fogares libres de ladróns de enerxía.

Non é moi normal que nas casas existan “ladróns de enerxía”. Que son? Pois aparellos que, aínda que aparentemente estean apagados, seguen consumindo bastante enerxía. Para evitar eses consumos pantasma basta con desconectar por completo o aparello ou baixar o interruptor do cadro xeral de alimentación. Neste artigo do National Geographic profundizan en algúns dos ladróns de enerxía máis comúns dos fogares.

4. Bye bye, stand bye.

Os famosísimos consumos en standby fan referencia a un pequeno consumo instantáneo dos aparellos apagados. Para eliminalos basta con asegurarse de desenchufar por completo o aparello ou comprar algunha regreta con interruptor de aceso/apagado. Estes dispositivos adóitanse rendibilizar en menos dun ano e axúdannos a non estar pendente acotío de se quedou algo aceso.

O Instituto para a Diversificación e o Aforro de Enerxía, no seu estudo sobre Consumos do Sector Residencial en España (2017), afirma que o 47% do consumo enerxético total é de calefacción, 19% de electrodomésticos, 19% de auga quente sanitaria (ACS), 7% de cociña, 4% de iluminación, 2% de standby e 1% de refrixeración.

5. Aforra en calefacción

• A temperatura óptima para un bo confort térmico no inverno é de 20-22 º C. Non acendas a calefacción se non é necesario.
• Para renovar o aire dunha estancia, basta con 10 minutos de aireación.
• Apaga a calefacción pola noite e non a acendas ata que remates de ventilar as habitacións.
• Non coloques nada encima dos radiadores.
• Verifica o illamento da casa. Sobre todo, de portas e xanelas. Hai moitos modelos de burletes para as portas e de illantes para caixas de persianas.
• Sabías que o mantemento periódico da calefacción podería supoñer un aforro de enerxía de ata o 5%?

6. Controla os teus electrodomésticos

Lavadora: usa a carga completa con programas curtos e de lavado en frío, xa que a resistencia para quentar a auga é o elemento que máis consome. Revisa se a túa lavadora ten modo ECO. Se é moderna, seguramente que si!
Secadora. Realmente é necesario quentar para secar a roupa nun país como o noso con tanto sol? Revisa as túas crenzas e úsaa soamente se é estritamente necesario.
Forno: apaga un pouco antes de que os teus pratos estean rematados. Así estarás aproveitando o calor residual. Intenta evitar abrir repetidamente a porta.
Lavavaixelas: úsao con carga completa e con programas económicos de baixa temperatura. Aproveita para enxugar a louza con auga fría antes de metela no lavalouzas.

7. Reduce o teu consumo de ACS

Programa a túa caldeira. Non é necesario ter a temperatura por enriba do 50ºC.
Usa a ducha en lugar da bañeira. Estarás reducindo ata 5 veces o consumo de auga e, por tanto, de gasto enerxético para quentala. Opta por cabezais de ducha con aspersión. E, non te poñas a cantar a Traviata! Reduce o teu tempo baixo a auga.
Aposta polos grifos monomando, para regular mellor o fluxo quente e frío.

8. Atención na cociña

• Emprega tixolas e potas planas, de maior diámetro que os fogóns.
• Usa con máis frecuencia a pota a presión, reduces os tempos de cocción.
• Tapa as túas cazolas mentres cociñas, evitas que se perda calor.

9. Ollo coa luz!

• Aproveita ao máximo a luz natural.
• Usa luz localizada. Ten en conta que non sempre unha estancia ten que estar totalmente iluminada.
• Apaga as luces ao saír dos cuartos.
• Elimina as lámpadas incandescentes e opta por LED de baixo consumo.

10. Refrixeración a raia

• Recorda que a sensación de confort térmico en verán é 22-25ºC. Non poñas o aire acondicionado se non é necesario.
• Ventila a casa 10 minutos durante as horas máis frescas do día.
• Pecha as persianas ou baixa os toldos nas horas nas que o calor sexa máis forte.

Gustáronvos estes consellos? Esperamos que si. En Gadis tamén traballamos por ser cada día máis eficientes enerxeticamente. Non o crees? Pois descobre todo o que facemos por un mundo máis sustentable.

Deja un comentario