Fast healthy food para a primavera

Fecha: Marzo 17, 2022

O tempo converteuse nun ben tan prezado que ata o escatimamos á hora de preparar a comida. A ti tamén che pasa? Desde hai anos, en Gadis mantemos un compromiso firme co fomento de hábitos saudables. Por iso, hoxe queremos compartir contigo uns tips de cociña fácil para persoas con pouco tempo, pero con ganas para comer ben. Imos falar diso que se chama fast healthy food e que non é máis que unha proposta de menús saudables nos que se inviste un tempo mínimo para a súa preparación. Propoñerémosche pratos para o día a día que non che dea preguiza cociñar porque estarán servidos en cuestión de minutos. Soa ben, verdade? Só queda engadir o compoñente sostible con ingredientes de tempada que poderás atopar nas nosas tendas no seu punto de máxima frescura e terás un menú fast healthy food para a primavera!

Cociña rápida e saudable

Comer ben xa non está rifado coa rapidez. Sabemos que o aforro de tempo é un dos motivos para consumir pratos precociñados, pero temos boas noticias! Hai moitas comidas rápidas de elaboración sinxela que che axudan a manter unha alimentación saudable e equilibrada. Queremos poñercho fácil e aquí deixámosche algúns trucos para reducir o tempo de preparación dos teus menús:
– Hai atallos saludables. Nas nosas tendas, atoparás procesados saudables cuxa única finalidade é a conservación dos produtos durante máis tempo. Podes incluír nas túas receitas verduras listas para cociñar, legumes e cereais cocidos, pescados en conserva, etc. É unha forma de gañar tempo sen poñer en risco a calidade dos teus menús.
– Opta por cociñados sinxelos. Aumenta as preparacións á prancha, á grella, ao vapor ou no microondas. Será unha forma de aforrar tempo e tamén de conservar mellor os nutrientes, potenciando o sabor da materia prima.
Simultanea procesos. Seguro que xa tes experiencia coas multitareas, así que agora só queda introducir o concepto na cociña 😉. Podes combinar procesos: saltear verduras á vez que coces o arroz, por exemplo.
Cociña e conxela. Xa sabes que en Gadis somos moi fans do batch cooking porque non só che axuda a planificar os teus menús e manter unha alimentación saudable, senón que contribúe a reducir o desperdicio alimentario. É unha maneira estupenda de “reciclar” as sobras para elaborar outros pratos e apostar pola sustentabilidade.
– Utiliza o prato ALIMENTES. Nosa guía visual axudarache a planificar receitas saudables e equilibradas nun tempo récord.

Receitas de fast healthy food para primavera

Ensalada de xudías brancas e aguacate

Ingredientes (4 persoas)
300 g xudías brancas cocidas
1 aguacate
½ cebola morada
8 tomates cherry
1 cenoria
½ cogombro
100 g queixo feta
Coandro picado
½ limón
3 culleradas aceite de oliva
Pementa
Sal
Preparación
● Parte o aguacate, retira o óso e extrae a pulpa cunha culler. Curta en dados.
● Pela a cebola, a cenoria e o cogombro. Pica a cebola e a cenoria e corta o cogombro en dados.
● Corta o queixo feta en dados. Mestura todos os ingredientes nun bol e engade as xudías brancas escorridas.
● Lava os tomates cherry e córtaos á metade.
● Salpimenta a mestura e adereza co zume de limón e o aceite. Espolvorea con coandro.

Salmón ao microondas

Ingredientes (4 persoas)
2 lombos de salmón
2 vasiños de arroz basmati precocido
1 ceboliña
1 cogombro
2 culleradas soia
2 culleradas vinagre
Sementes de sésamo
Aneto
Aceite de oliva virxe extra
Sal
Preparación
● Corta o cogombro en tiras, espolvorea con sal e reserva.
● Pica a cebola e métea en medio vaso con auga.
● Cociña o arroz no microondas seguindo as indicacións do fabricante.
● Lava o salmón, extrae as espiñas (se as tivese) e unta con aceite de oliva. Sazona e espolvorea con aneto. Cobre o prato e cociña 5 minutos a potencia máxima no microondas. Vai controlando o cociñado porque o tempo depende do tamaño da peza.
● Escorre o cogombro e prepara unha ensalada mesturando coa cebola (tamén escorrida) e o arroz. Adereza coa soia e o vinagre. Engade as sementes de sésamo e serve co salmón.

Pita con ovo, espinacas e queixo


Ingredientes
4 pitas integrais
5 ovos
300 g espinacas
8-10 tomates secos
Rulo de cabra
Aceite de oliva virxe extra
Sal
Pementa
Preparación
● Hidrata os tomates secos en auga moi quente mentras realizas o resto de tarefas.
● Lava e corta as espinacas en anacos pequenos.
● Corta o rulo de cabra en medallóns.
● Bate os ovos e cállaos nunha tixola antiadherente cunhas pingas de aceite, un pouco de sal e pementa moída.
● Quenta o pan de pita no tostador e rechea cos ovos revoltos, as espinacas, o queixo e os tomates picados en anacos pequenos.

Wok de fideos de cabaciña con verduras

Ingredientes
1 cabaciña grande
1 cenoria pequena
1 cebola pequena
1 ceboliña
½ pemento vermello
5 ml aceite de xirasol
5 ml aceite de sésamo ou coco
15 ml salsa de soia
Sementes de sésamo
Preparación
● Lava a cabaciña e utiliza un cortador en forma de espiral para facer fideos.
● Lava e pela a cenoria e curta en láminas.
● Pela a cebola, a ceboliña e o pemento e curta en tiras finas.
● Quenta os aceites nun wok ou nunha tixola grande. Saltea a cebola, a ceboliña, a cenoria e o pemento uns dous ou tres minutos. Remove sen parar para que se mesturen os sabores.
● Engade a salsa de soia, unha culler de sementes de sésamo e remove.
● Agrega os fideos de cabaciña, mestura todo ben e saltea durante un par de minutos antes de servir.
Recibe a primavera con algunha destas receitas e non pasarás moito tempo na cociña. Esperámoste nos nosos supermercados para axudarche a saborear os mellores produtos!