Alimenta a amizade

Fecha: Outubro 6, 2022

Desde hai catro anos, coincidindo coa celebración do Día Mundial dos Animais, en Gadis poñemos en marcha a campaña Alimenta a Amizade, coa que queremos recoñecer o labor de todas as entidades de protección animal da nosa contorna. Esta cuarta edición iniciouse o pasado 1 de outubro e prolongarase ata o próximo día 10 en máis de 200 Supermercados Gadis. Trátase dunha recollida solidaria de produtos de alimentación e hixiene para os cans e gatos sen fogar que se atopan ao coidado de asociacións e protectoras de Galicia e Castela e León. Tamén existe a opción de realizar unha achega económica ao pasar por caixa. Queres saber máis? Segue lendo!

A tenencia responsable, clave para o benestar animal

As cifras de abandono animal do noso país seguen a ser alarmantes: ao redor de 285.000 cans e gatos foron recollidos por entidades de protección animal en 2021. E estes datos non só non recollen a todos os gatos e cans vítimas de abandono, senón que tampouco computan a outros animais de compañía, como coellos ou roedores, por exemplo. Sen dúbida, esta constitúe a maior ameaza para o benestar animal. A ratificación do Convenio Europeo sobre Protección de animais de compañía supuxo a asunción dunha serie de compromisos no ámbito da tenencia responsable para garantir o benestar dos animais de compañía e establecer actitudes e prácticas comúns que logren asegurar unha conduta responsable por parte dos seus propietarios e propietarias.
Neste sentido, o Anteproxecto de Lei de protección, dereitos e benestar dos animais ten como obxectivo dar resposta á crecente demanda social de garantir o respecto á vida e á integridade física e psíquica dos animais. Así mesmo, pretende tamén equiparar a España con outros países da contorna que adaptaron as súas lexislacións para fortalecer os mecanismos que garantan unha tenencia responsable.
Con esta nova campaña de Alimenta a amizade, reafirmamos o compromiso de Gadis co benestar animal no marco do noso programa de Responsabilidade Social Corporativa, en liña cos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible fixados na Axenda 2030 das Nacións Unidas. Por cuarto ano consecutivo, emprendemos esta iniciativa, coa que queremos achegar o noso gran de area para mellorar a calidade de vida dos animais sen fogar. Á recollida de doazóns nos nosos establecementos, súmase a concienciación sobre a importancia dunha tenencia responsable por parte do voluntariado presente nas nosas tendas durante a campaña.
É importante comprender que a decisión de ter un can ou un gato (ou calquera outro animal) ten que ser moi meditada. Son seres vivos con necesidades específicas que hai que respectar e coidar. Cando falamos de tenencia responsable, referímonos á necesidade de asumir todas as responsabilidades que implica o seu coidado, que, ademais, prolongarase durante toda a vida do animal. E pode ser longa! Se tes sorte, poden chegar a vivir contigo case dúas décadas.
As causas principais de abandono en España adoitan ser:
– Falta de tempo.
– Escasez de recursos económicos.
– Falta de compromiso por parte dalgúns propietarios e propietarias.
– Camadas non desexadas.
Como ves, para abrir o teu fogar a un animal, é fundamental que a decisión sexa consensuada e que teñades a certeza de ter o tempo necesario para atendelo. Unha vez tomada a decisión, apostade pola adopción e por que non aproveitar a campaña para contactar con algunha das entidades que participan este ano? Seguro que estarán encantadas de axudarvos!

Cuarta edición de Alimenta a Amizade

A campaña Alimenta a Amizade terá lugar do 1 ao 10 de outubro. Durante eses días, poderás realizar doazóns de produtos de alimentación ou hixiene ou achegas económicas en caixa para axudar ás entidades de protección animal da túa zona. Polo menos durante a fin de semana, persoas das asociacións e protectoras estarán nalgúns dos máis de 200 supermercados Gadis que se sumaron á campaña para contarche as súas necesidades e proporcionarche información sobre o seu traballo.
Un ano máis, a familia de Alimenta a Amizade segue crecendo! Das 33 entidades da primeira edición, pasamos ás 53 da segunda e ás 65 da terceira. Agora xa son 69. Do mesmo xeito que nos anos anteriores, Gadis realizará a súa propia doazón, que se sumará á dos clientes, que sempre mostrades a vosa solidariedade e sensibilidade co benestar animal, apoiando o labor destas entidades. Nas tres campañas anteriores, recadáronse preto de 200.000 quilos de produtos de alimentación e hixiene, ademais da recadación económica. Todo iso contribuíu a aliviar a situación que atravesan as protectoras e asociacións. Queremos seguir axudando a estas entidades para que poidan seguir a traballar en tarefas como a concienciación sobre a tenencia responsable, as campañas de vacinación e esterilización ou o rescate de máis animais abandonados.

Tabla 1. Entidades participantes ano 2022

ASOCIACIÓN CORUÑA GATUNA
CANCORUÑA ASOCIACIÓN CANINA
FELINOS FELICES
GATUCHINHOS
MAREA FELINA ARTEIXO
MICOS E NÓS
O LEGADO DE MAX
SOS PELINES ASOCIACIÓN
A.P.A. ENTRE PERROS Y GATOS
HUELLAS PROTECTORA DE ANIMALES DE ÁVILA
PROCAN HOGAR PARA UN AMIGO
XUNTOS AS MARIÑAS
ASOCIACIÓN COLONIAS CANGUESAS
ASOCIACIÓN PROTECTORA DE GATOS MINCHIÑOS MOAÑA
ASOCIACIÓN DE ANIMALES BIGOTES BURELA
REFUGIO CAMBADOS
ASOCIACIÓN CRISTINA’S FURBABIES
APA PEGASOS
PROTECTORA ARCO DA VELLA
AAPAFOZ
PROTECTORA DE ANIMALES BAI.SENPULGAS
VILLA PEIXIÑO
ASOCIACIÓN PROTECTORA BIGOTES COLONIAS DE GATOS DE LALÍN
ARGOS-LEÓN
ASOCIACIÓN PROTECTORA DE ANIMALES Y PLANTAS DE LEÓN
ASOCIACIÓN PROTECTORA GATOS DA RÚA “MICHOS DE LUGO”
AYUDA ALIMENTARIA ANIMALISTA
SOCIEDAD PROTECTORA DE ANIMALES Y PLANTAS DE LUGO
RESPETA-RESCATA, PROTEGE Y ADOPTA
SPA SCOOBY
PROTECTORA DE ANIMAIS SEN FRONTEIRAS
ASOCIACIÓN ANAJATA
ASOCIACIÓN COMETA
PELUDOS SIN HOGAR NEGREIRA
ASOCIACIÓN PROTECTORA DE ANIMALES ARCA DE NOIA
PELUDINES CALLEJEROS DE VALDEORRAS
PRO ANIMALES CARBALLIÑO
GATOCAN OROSO
ASOCIACIÓN AGALLAS
ASOCIACIÓN PATRULLA CALLEJERA
PROGAPE
ASOCIACIÓN MOURA
APA PELUDINES SIN SUERTE
ASOCIACIÓN PROTECTORA DE ANIMAIS OS BIOSBARDOS
ASOCIACIÓN DE ACOLLIDA E ADOPCIÓN DE CANS OS PALLEIROS
ASOCIACIÓN EDUCATIVA Y CULTURAL ANIMALES DEL MUNDO
ASOCIACIÓN HUELLAS FELINAS
ASOCIACIÓN PROTECTORA ADOPCIONES GALICIA
DIFUSION FELINA PONTEVEDRA
CALLEJEROS BARBANZA
ASOCIACIÓN PROTECTORA SIEMPRE FIEL
ASOCIACIÓN SALMANTINA PROTECTORA DE ANIMALES Y PLANTAS (ASPAP)
ASOCIACIÓN SOMOS SU VOZ SALAMANCA
ASOCIACIÓN VIDAS CALLEJERAS
LUNA GATUNA
ASOCIACIÓN POLA PROTECCIÓN ANIMAL ABEIRO
FUNDACIÓN REFUXIO DE ANIMAIS
ASOCIACIÓN POR LA PROTECCIÓN ANIMAL HUELLAS DE SARRIA
ASOCIACIÓN AMIGOS PELUDOS DE TEO
ASOCIACIÓN VALLADOLID FELINA
ENTRE HUELLAS Y BIGOTES
LA VICTORIA DE LOS GATOS
PATITAS CALLEJERAS VALLADOLID
PRO ANIMALES VERÍN
ASOCIACIÓN PROTECTORA DE ANIMALES PROYECTO GATO
ASOCIACIÓN PROTECTORA DE ANIMALES Y PLANTAS DE VIGO
GATIÑOS DA RÚA VIGO
ASOCIACIÓN PROTECTORA DE ANIMALES DE VILAGARCÍA DE AROUSA
GATO PIRATA COMITÉ PRO ANIMAL A MARIÑA

Participa en Alimenta a Amizade!

Alimenta a Amizade busca poñer en valor o labor das entidades que traballan a diario polo benestar animal. Os últimos anos foron moi complicados e tiveron que afrontar moitas dificultades.
Ata o 10 de outubro, cada vez que visites un dos 200 Supermercados Gadis nos que se realiza a campaña, poderás doar penso, comida húmida, area ou calquera outro produto que che indiquen as persoas voluntarias presentes en tenda. Ademais, tamén poderás realizar unha achega económica en caixa. Busca os espazos sinalizados na entrada das tendas participantes para depositar a túa doazón.
Esperámoste nos nosos Supermercados Gadis para seguir alimentando a amizade un ano máis!