Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.
Cabaza asada ilustrada
Este prato de cabaza asada ilustrada pode servir como aperitivo para compartir, pode servir como entrante moi vexetal e mesmo, engadíndolle un ovo escalfado, por exemplo, pode converterse nun completo e equilibrado prato principal. Vaia, que esta cabaza ilustrada teno todo. Ou case!
Recipiente microondas para precociñar a cabaza e aforrar moito tempo de forno
Tixola para saltear, allo, piñóns, pipas, arandos e alfábega
Tixola para facer a crema de queixo
Fonte de forno para terminar de asar e de gratinar a cabaza
Ingredientes
600gde cabaza cacauete ecóloxicaé máis tenra e precisa menos tempo de cociñado
250gde requeixoou de queixo ricotta
100gde queixo Grana Padano relado
1dente de allo
20gde piñóns
30gde pipas de cabaza
70gde arandos deshidratados
3ramas de alfábega fresca
AOVE
Sal
Pementas moídas
Elaboración paso a paso
Preparación cabaza
Pelamos unha cabaza cacauete non moi grande e cortámola en sentido lonxitudinal. Esta era ecolóxica e necesitou moito menos tempo de cociñado.
Retirámoslle as pebidas cunha culler colocámola nunha táboa de cociña co burato xa baleiro de pebidas cara a abaixo.
Poñemos un pauciño chinés a cada lado da cabaza e cun bo coitelo imos facendo cortes finos nela. Os pauciños impedirán que o coitelo chegue abaixo de todo e conseguiremos o famoso corte Hasselback.
Quedará como un acordeón, tal e como se aprecia na foto.
Cociñado cabaza
Mollamos a cabaza, escorrémola e introducímola nun recipiente de micro uns 6 minutos. Despois, colocarémola nunha fonte, engadirémoslles aceite e sal e introducirémola no forno uns 7 minutos a 200º.
Se non queredes utilizar o micro no proceso, regade a cabaza con aceite e sal e introducídea no forno pero o tempo neste caso será 1 hora a 190º de temperatura.
Preparación salsa cobertura
Nunha tixola cun pouco de aceite virxe douramos un dente de allo moi picadiño. Cando colla un mínimo de cor, engadimos unha manchea de piñóns e outra de pipas de cabaza. Cando as dúas estean douradas, engadimos uns arandos secos e cando cambien a cor, unhas follas de alfábega picadas. Remexemos, retiramos do lume para que non se queime a alfábega e reservamos.
Preparación salsa base
Na mesma tixola que acabamos de usar poñemos: 1 terrina de requeixo e 100 grs de queixo Grana Padano relado. Quentamos, derretemos os queixos e gardamos a salsa resultante.
Presentación
Nunha fonte ou prato de presentación poñemos unha base da crema de queixos. Sobre ela, a cabaza asada e por enriba o aceite de allo, piñóns, pipas, arandos e alfábega que tiñamos reservado. Engadimos sal e pementas moídas.
Notas
Este prato, que me encantou nada máis velo, pilleino no perfil de IG VIKIKACOSTA. Eu, coma sempre, non puiden evitar facer algúns pequenos cambios e intentei, e conseguino, reducir o tempo de asado, que era dunha hora na receita orixinal. Simplemente, como fago sempre que podo e sen que se note no resultado, introducindo previamente a cabaza xa precortada 6 minutos no microondas.