Gadis Recetas

receita

Hai unha receita para cada momento e en Gadis queremos compartilas todas contigo.

GALETTE DE HOJALDRE FOTO COMPLETA e1705495346759

Galette de follado con allos porros, espárragos silvestres, cherry e mozzarella

O ingrediente protagonista da nosa receita de hoxe é a mozzarella fresca xa que ademais de ser ideal para fundir, no aspecto nutricional contén pouca graxa, é rica en proteínas, calcio, cinc e fósforo. Achega vitaminas B (B1, B2, B6) e E.
Autor/a: La cáscara de limón
Imprimir receita
Tempo total40 minutes
Prato Aperitivo
Cociña Mediterránea
Racións 3 persoas

Equipamento

  • Bandexa de forno redonda 26cm
  • Forno
  • Papel de forno
  • Tixola
  • Coador

Ingredientes
  

  • 1 Lámina de follado redondo
  • 125 g de mozzarella fresca
  • 7 Tomates cherry
  • 7 Espárragos trigueros
  • 1 Allo porro grande (parte branca)
  • Aceite de oliva
  • Pementa negra
  • Sal

Elaboración paso a paso
 

  • Prequentamos o forno a 200°.
  • Estendemos a masa sobre un molde redondo duns 26cm, deixando os bordos que sobran por fóra.
  • Picamos o centro cun garfo (non picaremos os bordos).
  • Nun fondo de aceite rustrimos o allo porro en xuliana e os trigueiros silvestres cortados en anacos, uns 5 min a lume medio, salpementamos, pasamos a un coador.
  • Colocamos sobre o follado todo o rustrido, a mozzarella no medio cun chorriño do aceite do rustrido e pementa negra, repartimos os cherry cortados pola metade e salgamos ao gusto.
  • Dobramos o bordo cara a dentro, pintamos con ovo batido.
  • Enfornamos ata dourar.
    20231219 130150 01 01 e1705495133663