
Novas Gadis
Tes a APP de GADIS? Tes premio!
Levamos moito tempo querendo presentarche GADIS +, unha nova APP pensada por e para os nosos clientes. Un espazo onde atoparás todo o que esperas dunha APP e MÁIS.
Nesta nova versión mantivemos todas as vantaxes coas que xa contaba a APP de GADIS, pero agora tamén, só por ser membro de GADIS + poderás acceder todos os meses a sorteos exclusivos, descubrir ofertas e descontos personalizados e esquecerte do papel para sempre, os teus tickets e puntos de fidelidade estarán en formato dixital e a un só click.
Ademais, desde a nosa APP poderás acceder ao apartado 100x100, onde che sorprenderá o mellor contido local: festas gastronómicas, memes e fondos de pantalla exclusivos están a esperarte.
DESCARGA A APP DE GADIS PARA TER MÁIS
- MÁIS DESCONTOS PERSONALIZADOS
- MÁIS OPORTUNIDADES
- MÁIS SORTEOS
- MÁIS CONTIDO EXCLUSIVO
- MÁIS DO QUE QUERES