Entroido Coruña

En Gadis buscamos o mellor entroido de Galicia

Co concurso online "O meu Entroido é o mellor!", queremos promover a difusión destas tradicionais festas, tan arraigadas en Galicia e de gran valor cultural. Os concellos galegos participantes mostrarán a través de imaxes e vídeos os valores das súas festas. O público decidirá os gañadores por medio dos seus votos.

Haberá dúas maneiras de participar nas votacións:

  • A primeira mediante o email. Permitirase so un voto por cada dirección.
  • A segunda, vinculada ás compras realizadas na rede de establecementos Gadis durante o período comprendido entre o 20 de setembro e o 30 de novembro de 2019. Cada tícket superior a dez euros dará dereito a un voto adicional.

O concello gañador recibirá un premio de 30.000 euros, e haberá tamén dous accésits de 5.000 euros cada un.

Pero iso non é todo, por votar ao mellor entroido de Galicia entrarás no sorteo semanal dun vale de compra de 50€!

VER CANDIDATOS VER BASES

Entroido Parada de Amoeiro

Amoeiro

No concello de Amoeiro celébrase anualmente un dos poucos entroidos itinerantes de España. As diferentes comparsas agudizan todo o seu enxeño para crear, coas súas propias mans e recursos, carrozas das temáticas máis actuais e tamén clásicas. As carrozas realizan un percorrido que atravesa os diferentes pobos do municipio e tamén fan escala nas localidades limítrofes como son Cea e Maside.

INFO CONSULTA ENTROIDO VOTAR A Amoeiro

Entroido de Salcedo. A Pobra do Brollón.

A Pobra do Brollón

O entroido de Salcedo, tradicional e representativo da cultura rural, nútrese de diferentes manifestacións características da contorna e do xeito de vida desta sociedade, e concretamente da parroquia salcedá. Sen entrar a valorar as diversas hipóteses sobre a orixe deste personaxe, o Oso representa a expresión máis ancestral da actividade carnavalesca, sendo, sen lugar a dúbidas, o personaxe máis emblemático e simbólico de entre os existentes, pero sen restarlle protagonismo a outras personaxes coma as madamas e danzantes, ou a......

INFO CONSULTA ENTROIDO VOTAR A A Pobra do Brollón

Os Xenerais de Touro

Touro

Trátase dunha celebración orixinal da comarca da Ulla na que os personaxes máis relevantes son os correos a cabalo, con vestimentas militares de época e outros adornos tamén nos cabalos. Acompañados de abandeirados, coros e comparsas, percorren as parroquias representando diversas escenas, coñecidas como atranques ou altos, que consisten nun enfrontamento dialéctico por parellas no que se fai burla dos asuntos sociais de actualidade. As parroquias de Fao e Fonte Díaz presentan as súas singularidades, mantendo os trazos definitorios do......

INFO CONSULTA ENTROIDO VOTAR A Touro

Cerdido

Cerdido

O entroido de Cerdido caracterízase por axuntar a tradición e a esencia dos entroidos nos pequenos concellos e aldeas. Sen pretender grandes desfiles ou ser un polo de atracción turística, este entroido recolle a esencia dos entroidos tradicionais de aldea, onde se implicaban grandes e pequenos. Durante toda a semana tanto o colexio público como asociacións e o Concello organizan actividades e desfiles, mantendo aquela esencia de ir de máscara de casa en casa, pedindo aguinaldo ou produtos típicos do......

INFO CONSULTA ENTROIDO VOTAR A Cerdido

Parada de Sil, o balcón do entroido galego

Parada de Sil

Parada de Sil é o corazón da Ribeira Sacra. Asómase ao entroido ourensán desde o Miradoiro do Monte Meda, vestido de anxeos. As suas xentes: maiores, mozos e cativos, nesta festiva e brincallona época do ano visten traxes que os tapan da cara ata os pés. Feitos de antigos “sacos anxeos” das patacas, das castañas e mesmo do café en gran. Van nunha carroza polas diferentes parroquias do concello divertíndose cos seus veciños e veciñas, nun ambiente de festa, confraternidade......

INFO CONSULTA ENTROIDO VOTAR A Parada de Sil

Concello de Riveira

Concello de Riveira

No concello de Riveira, capital da comarca da Barbanza, celébrase un entroido diferente. Estas festas mesturan as tradicionais charangas, ruadas musicais, concursos de disfraces e actividades infantís con propostas singulares e de especial tradición e arraigo como o Festival de Murgas e Comparsas e o Enterro do Felipe. O Festival de Murgas e Comparsas é un evento con máis de medio século de historia no que participan agrupacións procedentes do municipio e doutras localidades. A retranca, o humor e o......

INFO CONSULTA ENTROIDO VOTAR A Concello de Riveira

Isto é Foz. Aquí hay entroido.

Foz

“O entroido de Foz non é calquera festa. Non chega en febreiro ou marzo. En Foz, o carnaval empeza despois do verán. Cos preparativos da vestimenta e da coreografía do desfile do día 2 levan meses os membros de peñas, comparsas ou charangas, colectivos formados por membros de varias xeracións. Roldan a vintena e só entre eles suman case un milleiro de integrantes, segundo o concello, case un dez por cento da poboación (Foz ten10.002 habitantes). Familias enteiras forman parte......

INFO CONSULTA ENTROIDO VOTAR A Foz

Entroido Pequeno de Bergondo

Bergondo

O concello de Bergondo celebra unha festa coincidindo co entroido pequeno no entorno da Senra. Trátase dunha xornada lúdico-festiva onde non faltan actividades para todos os públicos. Nela destacamos sen dúbida a Festa da Orella: todos os asistentes reciben gratuitamente unha ración de orellas.

INFO CONSULTA ENTROIDO VOTAR A Bergondo

Negreira, o Entroido Barcalés

Negreira

O entroido en Negreira está considerado un dos máis importantes da provincia, xa que ademáis do gran desfile de carrozas e comparsas do sábado, ten unha gran oferta de actividades para todas as idades, como desfiles infantís ou concursos de disfraces para a terceira idade.

INFO CONSULTA ENTROIDO VOTAR A Negreira

O Entroido no Concello de Coirós

Coirós

O entroido no concello de Coirós estase a converter nun punto de referencia entre os concellos da bisbarra, xa que nel poden participar activamente dende nenos e nenas ata persoas maiores.

INFO CONSULTA ENTROIDO VOTAR A Coirós

25 anos de Entroido en Ponteceso

Ponteceso

Ponteceso celebrou este ano o 25º aniversario do seu entroido, unha celebración familiar na que grandes e pequenos participan con disfraces individuais, grupos e comparsas. Animación, gastronomía, premios e moita diversión caracterizan o noso entroido.

INFO CONSULTA ENTROIDO VOTAR A Ponteceso

Entroido de Lourenzá

Lourenzá

O entroido é unha época de transgresión, burla e parodia. Ten a súa orixe en tempos ancestrais e son as manifestacións máis representativas do mesmo as máscaras da cultura rural. No concello de Lourenzá estas festas tiveron ó longo da historia unha profunda raigame. Por datos recollidos da memoria dos nosos maiores podemos facer un percorrido histórico por este proceso, diferenciando entre o entroido celebrado nas zonas rurais e o celebrado na capitalidade municipal. Nas parroquias rurais de San Xurxo,......

INFO CONSULTA ENTROIDO VOTAR A Lourenzá

Entroido en Porto do Son

Porto do son

No entroido de Porto do Son temos o concurso dos maiores coas categorías de Individuais, Grupos e Comparsas; o concurso dos pequenos; filloada; festa infantil; oncertos; eleccción do Rei e a Raíña do Entroido; enterro do Felipiño, e moitas cousas máis.

INFO CONSULTA ENTROIDO VOTAR A Porto do son

Entroido en Cambre: o Entroido Pequeno máis grande do mundo!

Cambre

A festividade do Entroido conforma un amplo programa de actos que conta cunha importante participación veciñal no noso municipio, e que mesmo nas últimas edicións transcende a outros municipios limítrofes, a pesar de que, moitas veces, a asistencia de público pode verse afectada polas circunstancias climatolóxicas. A finalidade do programa segue a ser a mesma de sempre: celebrar esta tradicional festa con forte arraigo popular coa que se pretende estimular a participación cidadá e a relación interxeracional, promover a colaboración......

INFO CONSULTA ENTROIDO VOTAR A Cambre

O entroido ortegano é festa

Ortigueira

As comparsas, o xoves de comadres, o desfile, o enterro da sardiña, a troula, a sátira e a gastronomía caracterizan o participativo Entroido Ortegano. O tradicional concurso de doces de Entroido, nas categorías de pestriños, orellas, bolas e filloas, é a nota doce desta festa á que se suma a iniciativa da parroquia de Espasante que celebra unha gran comida popular. O luns de Entroido é o día grande no que se celebra o desfile que recorre as rúas do......

INFO CONSULTA ENTROIDO VOTAR A Ortigueira

Entroido de Verín

Verín

O entroido de Verín está declarado Festa de Interese Turístico Nacional. Non sabes por que? Somos parte do Triángulo Máxico, é dicir, ENTROIDO, con maiúsculas. A nosa festa dura nove días, pero o noso sentimento entroideiro non se apaga nos 365 do ano... O cigarrón é a figura máis respectada do noso entroido, e pola conta que nos trae, pois a súa zamarra non é só un adorno. O Domingo de Corredoiro saen por primeira vez todos os cigarróns vestidos......

INFO CONSULTA ENTROIDO VOTAR A Verín

Entroido de Xinzo de Limia

Xinzo de limia

Polo seu carácter etnográfico e cultural, o entroido constitúe a tradición máis arraigada na comarca da Limia e goza de gran popularidade en todo o país. Considerado dende decembro de 2018 Festa de Interese Turístico Internacional, abrangue o ciclo máis amplo, longo e intenso de Europa, tanto no tempo coma nas súas formas de expresión popular, ao abranguer cinco fins de semana sucesivas: Fareleiro, Oleiro, Corredoiro, Domingo, Luns e Martes de Entroido, Enterro da Sardiña e Domingo de Piñata.

INFO CONSULTA ENTROIDO VOTAR A Xinzo de limia

A ILLA DE AROUSA E O SEU ENTROIDO...

Illa de Arousa

Por todos e todas é coñecida a singularidade no carácter e tradicións do pobo da Illa de Arousa. Os seus veciños e veciñas poden presumir dunha unión case fraternal que ademais de levalos a alcanzar grandes logros ó longo do tempo, tamén fan que durante as súas festas se acade un ambiente totalmente familiar. Deste xeito, falar do “entroido da Illa de Arousa” é facer referencia a esa unión tan forte entre as diferentes xeracións. O espírito festivo das súas......

INFO CONSULTA ENTROIDO VOTAR A Illa de Arousa

Viana do Bolo

Viana do Bolo

O entroido de Viana do Bolo, que goza de recoñecida fama. É un dos máis antigos, orixinais e tradicionais dos que se celebran en Galicia. Varios son os elementos diferenciadores do noso entroido, que o fan único: boteiros, lardeiros, folión, mula, disputas e fariña. Os preparativos do entroido comezan ao rematar o Nadal, cos ensaios e a preparación de disfraces e carrozas. Durante este período previo ao entroido, os veciños e veciñas de Viana do Bolo e dos pobos do......

INFO CONSULTA ENTROIDO VOTAR A Viana do Bolo

Entroido As Neves

As Neves

A pesar de que o entroido nas Neves non ten unha longa tradición como festa municipal, xa que se comezou a celebrar no ano 2016, é unha das celebracións con maior proxección, xa que medrou en moi pouco tempo dende entón e xa comeza a consolidarse; contou nas derradeiras edicións coa participación de comparsas das Neves e doutros lugares da contorna e entre os veciños e veciñas xa se estendeu a idea de que o entroido tamén se celebra nas......

INFO CONSULTA ENTROIDO VOTAR A As Neves

ENTROIDO DE COBRES. VILABOA

Vilaboa

O entroido de Cobres é unha festa ancestral que se perde no tempo, quizais en rituais de orixe pagano, que co paso do tempo e xeración tras xeración foi adquirido o carácter tradicional có que se mantén hoxe en día. Entendemos o entroido como unha festa movida, ritual de moito colorido, festexo de divertimento, celebración alegre e encontro coa boa comida tradicional. Tamén antroido é un nome que vai ligado a persoa ou persoas descoidadas, persoa que estorba, que......

INFO CONSULTA ENTROIDO VOTAR A Vilaboa

Concello de Melón

Concello de Melón

O concello de Melón ten o entroido na súa cultura. O pobo de Covelo (co carnaval máis antigo da provincia) realiza o seu entroido máis peculiar. Algo moi diferente ao acostumado en toda a provincia. E os pobos de Barcia e Vilaverde tamén teñen o entroido nos seus xenes. Un entroido moi bonito e "en xebre" con entremeses, desfile. Algo que hai que ver.

INFO CONSULTA ENTROIDO VOTAR A Concello de Melón

Boborás, arte e natureza

Concello de Boborás

O concello de Boborás ten moito que ofrecer ao visitante. Dende unha aldea declarada no ano 1975 Conxunto Histórico-Artístico, Pazos de Arenteiro, a unha multitude de lugares con encanto tanto natural e paisaxístico, como patrimonial. O turista que chega a Boborás pode rapidamente darse conta do poder que no seu día tuvo o seu territorio. Máis dunha ducía de pazos repártense polas súas parroquias. Igrexas románicas en Pazos de Arenteiro, Cameixa, Moldes, Astureses e Xuvencos. As pontes medievais tamén teñen......

INFO CONSULTA ENTROIDO VOTAR A Concello de Boborás

Concello A Veiga

Concello A Veiga

O entroido da Veiga constitúe unha expresión de costumes e tradicións dun pobo de alta montaña en constante convivencia co mundo animal. Deste xeito as representacións de animais ou de persoas disfraceadas de animais, incluso parodiando aspectos máis salientables dos animais imitados ou o emprego de atributos animais, coma os chocallos, representan o mundo rural ou campesiño (O Boi, a parella de bois arando e sementando farelos, O Zamarreiro) O contacto entre homes e mulleres, prohibido ó longo do ano......

INFO CONSULTA ENTROIDO VOTAR A Concello A Veiga

Carballeda de Avia

Carballeda de Avia

O concello de Carballeda de Avia vén realizando o seu desfile de entroido con cada vez máis participantes. Obradoiros de carrozas, de disfraces, desfile, e actuacións das comparsas forman parte deste entroido.

INFO CONSULTA ENTROIDO VOTAR A Carballeda de Avia

Sábado de Piñata no Concello de Celanova

Concello de Celanova

A celebración do Sábado de Piñata en Celanova ten lugar o sábado posterior o martes de entroido e consiste nun gran desfile con unha entrega de premios. A partir das 16:00 comezan a xuntarse os participantes e o desfile ten lugar a partir das 17:00. Establecense cinco modalidades: A: Individuais. B: Parellas e trios. C: Grupos (menos de 15 persoas). D: Comparsas (mais de 15 persoas de Celanova). E: Comparsas (mais de 15 persoas).

INFO CONSULTA ENTROIDO VOTAR A Concello de Celanova

Vilariño de Conso

Vilariño de Conso

O entroido en Vilariño de Conso é único. Paga a pena visitalo. É un entroido puro e tradicional que manten intactas as súas raíces, onde o son dos tambores acompañados polos boteiro percorrendo rúas trasladannos a un mundo ancestral inigualable, creo de pureza natural. O entroido de Vilariño de Conso teno todo! Auténtica diversión, menú exquisito, paisaxe envexáble.

INFO CONSULTA ENTROIDO VOTAR A Vilariño de Conso