Compartimos las recetas

Vasiños de pastel de atún
Vasiños de pastel de atún
Vasiños de pastel de atún
por: María Santos

Vasiños de pastel de atún

por: María Santos
Esta receita forma parte desas receitas sinxelas que sempre paga a pena gardar porque podes preparala con antelación, xa que se pode conservar na neveira durante 3 días e é ideal para conquistar os teus invitados sen pasares moito traballo.


*Receita orixinal en castelán
Vasiños de pastel de atún
Vasiños de pastel de atún
Categoría Peixes e mariscos
Comensais 4 personas
Tempo de elaboración 1 hour 20 minutes
Vasiños de pastel de atún

Ingredientes:

  • 4 Patacas medianas
  • 30 g manteiga
  • 150 ml de leite quente
  • 50 ml de nata
  • Sal
  • Pementa
  • 2 latas de atún en aceite. Ben escorrido e esmigallado
  • 1 lata de tomate triturado
  • 1/2 cebola
  • 1 dente de allo
  • 2 cdas de aceite de oliva
  • 1 cdña de azucre para a acidez
  • Sal
  • Pementa
  • 100 de queixo relado curado. Tipo parmesano
  • 2 cdas de olivas negras e verdes moi picadas e escorridas
Vasiños de pastel de atún
Vasiños de pastel de atún

Preparación:

Crema de pataca:

  • Coce as patacas mondadas en auga con sal ata que estean moi tenras.
  • Escórreas e pásaas polo pasapurés.
  • Engade a manteiga e mestura.
  • Incorpora o leite quente pouco a pouco ata lograr unha crema suave e lixeira.
  • Engade a nata (isto proporciona maior cremosidade)
  • Axusta sal e pementa. Mantén quente.

Salsa de tomate caseira e atún:

  • Rustre cebola e allo moi picadiños no aceite de oliva ata que estean brandos.
  • Engade o tomate triturado,
  • Cociña 15-20 minutos ata que a salsa espese e perda acidez.
  • Engade sal, pementa e un chisco de azucre.
  • Incorpora o atún escorrido e esmigallado. Mestura ben e cociña 2-3 minutos máis.
  • Debe quedar zumarento, integrado na salsa, non seco.

Tellas de queixo con olivas

  • Prequentar o forno a 180 ºC
  • Mesturar o queixo relado coas olivas be escorridas.
  • Formar círculos finos sobre o papel de forno.
  • Meter no forno 6-8 minutos ata dourar e deixar arrefriar para que queden crocantes.

Montaxe

  • Verte en vasiños resistentes á calor (eu usei envases de iogur).
  • Primeiro cubre unha base de crema de pataca quente.
  • Deseguido, realiza unha capa de atún con tomate caseiro quente.
  • Finalmente, cubre con outra capa de crema de pataca.