Compartimos las recetas

Rigatoni Carbonara
Rigatoni Carbonara
Rigatoni carbonara
por: Miguel Ángel Pérez Pérez

Rigatoni carbonara

por: Miguel Ángel Pérez Pérez
A miña avoa ensinoume a preparar esta receita sen medir demasiado e prestando atención á tixola. Cada vez que a fago lémbrome da súa cociña e das conversas mentres esperabamos a que estivese a pasta. Para min é iso: comer ben, compartir mesa e desfrutar de algo sinxelo. É vida.

*Receita orixinal en castelán
Rigatoni Carbonara
Rigatoni Carbonara
Categoría Pastas e arroces
Comensais 2 personas
Tempo de elaboración 25 minutes
Rigatoni Carbonara

Ingredientes:

  • 4 xemas de ovo
  • Pementa negra acabada de moer ao gusto
  • 50 g de guanciale cortado en tiras pequenas
  • 200 g de rigatoni
  • Sal para cocer a pasta
  • 50 g de pecorino romano relado pódese substituír por Grana Padano
Rigatoni Carbonara
Rigatoni Carbonara

Preparación:

  • Fritir o guanciale nunha tixola sen aceite, a lume medio, ata que solte a graxa e estea crocante. Retiralo e reservar por separado o guanciale e a graxa.
  • Mentres, cocer os rigatoni en abundante auga con sal ata que estean ao dente, seguindo o tempo indicado no envase. Reservar parte da auga da cocción antes de escorrelos.
  • Mesturar nun bol as catro xemas, case todo o pecorino romano relado e a pementa negra acabada de moer ao gusto. Incorporar paseniñamente parte da graxa do guanciale, lixeiramente morna, e un pouco de agua de cocción, remexendo ata obter unha mestura homoxénea.
  • Pasar a pasta acabada de escorrer a unha tixola ampla co guanciale. A lume moi baixo, engadir a mestura de xemas e queixo e remexer. Incorporar auga de cocción pouco a pouco ata conseguir un prebe cremoso que envolva a pasta. Non deixar de remexer ata velo supercremoso e integrado.
  • Servir inmediatamente co pecorino reservado e cun pouco máis de pementa negra por enriba.