Compartimos las recetas

Polbiño pequeno "Menos é máis"
Polbiño pequeno "Menos é máis"
Pulpiño pequeno "Menos é máis"
por: Paz Gómez Falcón

Pulpiño pequeno "Menos é máis"

por: Paz Gómez Falcón
Na nosa familia sempre nos gustou o produto do mar; dun tempo para aquí estase encarecendo e valoramos máis acceder a un pulpiño pequeno da nosa costa, ben preparado con amor e agarimo. Ás veces, menos é máis.
Polbiño pequeno "Menos é máis"
Polbiño pequeno "Menos é máis"
Categoría Peixes e mariscos
Comensais 3
Tempo de elaboración 30 minutes
Tempo de cocción 25 minutes
Polbiño pequeno "Menos é máis"

Ingredientes:

  • 750 g polbo
  • 3 litros de auga
  • Aceite
  • Sal gorda
  • Pementón doce e/o picante
Polbiño pequeno "Menos é máis"
Polbiño pequeno "Menos é máis"

Preparación:

  • Poñemos unha pota con 3 litros de auga a ferver.
  • Temos desconxelado un pulpiño pequeno de aproximadamente 750 g.
  • Cando a auga ferva, asustamos o polbo tres veces e deixámolo cocer durante 15–20 minutos.
  • Unha vez cocido, escurrimos ben e partímolo en talladiñas para botarlle sal, aceite e pemento.
  • Acompañar con pataca cocida se se quere completar.