Patacas á importancia
por: Hevila Movilla Vega
Patacas á importancia
por: Hevila Movilla Vega
Este prato é especial para min porque é o prato que facía a miña nai nos días de festa cando era pequena e lémbrame o cariño que se transmite cando cociñas para os teus seres queridos.
*Receita orixinal en castelán
*Receita orixinal en castelán

Categoría Caldos e sopas
Comensais 4 personas
Tempo de elaboración 1 hour hour
Tempo de cocción 25 minutes minutes
Ingredientes:
- 1 Kg patacas
- 2 Ovos L
- Fariña
- 1 Cebola
- 2 Allos
- Pirixel fresco
- Aceite para fritir
- 1 litro de caldo de polo ou verdura
- 1 vasiño de viño branco
- Sal
Preparación:
- Monda as patacas e córtaas en rodas dun centímetro de grosor.
- Bótalles sal ás patacas.
- Reboza as patacas en fariña e ovo.
- Frite ata que estean douradas. Reservamos.
- Facemos un rustrido con cebola e engadimos un chisco de fariña cociñando ata que estea frita. Engadimos o caldo e mais allo, pirixel e sal ben machucados.
- Botámoslle ao caldo as patacas que tiñamos reservadas e mais o vaso de viño branco.
- Cociñamos a lume lento durante vinte minutos ata que espese un pouco o caldo e as patacas estean tenras.
