Masa follada de espinacas, queixo crema e xamón
por: Sergio Antón
Masa follada de espinacas, queixo crema e xamón
por: Sergio Antón
É unha receita comodín que faciamos na miña casa cando queriamos algo rápido, rico e con verduras.
Agora que teño máis anos, sígoa facendo e gústame moito. Unha amiga dáme as espinacas frescas que cultiva a súa avoa na horta. Sempre lle sobran moitas, así que é a escusa perfecta para xuntármonos os dous, cociñar xuntos e poñérmonos ao día.
Gústame facela porque é unha receita sinxela e coa que de pequeno me afixen a comer espinacas.
*Receita orixinal en castelán

Categoría Entrantes e aperitivos
Comensais 2 personas
Tempo de elaboración 35 minutes minutes
Tempo de cocción 20 minutes minutes
Ingredientes:
- 160 g de espinacas frescas
- 270 g de queixo crema
- 150 g de xamón serrano en taquiños
- 230 g de masa follada
- 1 Ovo
- Sementes de sésamo
- Noces
- Sal
Preparación:
- Picar en anaquiños as espinacas frescas.
- Engadir as espinacas en anacos, o queixo crema, os taquiños de xamón e mais as noces nun bol. Mesturar moi ben.
- Poñer a mestura no centro da masa follada e envolvelo cos laterais da masa, de forma que quede pechada a mestura no seu interior.
- Pintar a masa con ovo batido e esparexer as sementes de sésamo por enriba.
- Meter no forno a 180 ⁰C durante 20-25 min (ou ata que a masa estea dourada e crocante).