Compartimos las recetas

Guiso de caiota e gambas
Guiso de caiota e gambas
Guiso de caiota e gambas
por: Mercedes Pérez

Guiso de caiota e gambas

por: Mercedes Pérez
Esta receita é moi especial para min porque é un dos primeiros pratos que o meu noivo e mais eu "creamos" cando nos mudamos xuntos por primeira vez. Gústanos a idea de que sexa unha receita xeracional e que llela vaiamos pasando aos nosos fillos e que fósemos nós os primeiros en establecer esta tradición. A el gústalle moito cociñar e, facendo a compra, vimos que nos Gadis da nosa zona (Galicia) adoitan ter caiotas. Non coñeciamos esta hortaliza e decidimos mercala e crear unha receita que fomos mellorando co tempo e adaptando aos nosos gustos.


*Receita orixinal en castelán
Guiso de caiota e gambas
Guiso de caiota e gambas
Categoría Caldos e sopas
Comensais 4 personas
Tempo de elaboración 45 minutes
Tempo de cocción 30 minutes
Guiso de caiota e gambas

Ingredientes:

  • 12 Lagostinos
  • 1 Cebola pequena
  • 2 Dentes de allo
  • 300 ml de caldo de verduras
  • 1 anaco de xenxibre pequeno
  • 1 manchea de quinoa ou de arroz opcional
  • Follas de col rizada opcional
  • Aceite de oliva
  • Sal
Guiso de caiota e gambas
Guiso de caiota e gambas

Preparación:

  • Cocer os lagostinos. Pelalos cando estean cocidos.
  • Mondar as caiotas, quitarlles as sementes e cortalas en dados medianos.
  • Cociñar a lume medio-alto durante 1-2 min o xenxibre, a cebola, o allo e mais os lagostinos pelados.
  • Nunha pota, engadir todos os ingredientes do paso anterior, a caiota en dados e o caldo de verduras. Tapar e cociñar 7-8 min (ata que a textura da caiota estea ao noso gusto).
  • E... listo para comer!
  • *Se non venden caiotas na vosa zona, podedes substituílas por cabaciñas 🙂