Cebola vermella encurtida
por: Irene Villaverde Basagoitia
Cebola vermella encurtida
por: Irene Villaverde Basagoitia
Os encurtidos lémbranme o verán. Sempre teño 2 ou 3 tarros con cogombro, cebola, tomate... e con eles podo montar diferentes pratos como ensaladas ou engadirlles un toque especial a peixes, torradas etc.
*Receita orixinal en castelán
*Receita orixinal en castelán

Categoría Vexetariano e vegano
Comensais 2 personas
Tempo de elaboración 10 minutes minutes
Ingredientes:
- 1 Cebola vermella grande
- 100 ml de vinagre de viño branco ou de mazá
- 100 ml de auga
- 5 o 6 grans de pementa
- 1 folla de loureiro, romeu, tomiño...
Preparación:
- Corta a cebola en láminas moi finas.
- Métea nun tarro hermético limpo.
- Quenta lixeiramente a auga e mais o vinagre, só ata que se disolva todo. Non fai falta que ferva.
- Verte o líquido quente sobre a cebola ata cubrila.
- Deixa arrefriar e mete o tarro na neveira.
- En 30-60 minutos xa está rica, aínda que mellora moito despois dunhas horas.
