Compartimos las recetas

Lentellas con salmón de meu pai
Lentellas con salmón de meu pai
Lentellas con salmón de meu pai
por: Carlota Martin ventoso

Lentellas con salmón de meu pai

por: Carlota Martin ventoso
Hai receitas que aprendemos dun libro e outras que aprendemos de alguén. Esta é a receita de meu pai. Non sei exactamente cando empezou a facela nin de onde saíu a combinación de lentellas e salmón. O que si sei é que, cos anos, se converteu nunha desas comidas que para min significan volver á casa.

Meu pai cociña moito "a ollo": un bo chorro de aceite, un chisco de pirixel, unhas abelás, "ata que estea feito"... e nunca parece que precise unha receita. Eu, en cambio, preciso anotalo todo para intentar que me saia como a el.

Quizais por iso esta receita significa tanto para min. Porque non é só un prato: é unha forma de gardar unha lembranza, de levar un anaquiño de casa comigo e de repetir, aínda que sexa lonxe, algo que tantas veces compartimos ao redor dunha mesa.

E ten un último segredo: o salmón non se cociña co lume aceso. Apágase o lume, tápase a cazola e déixase que termine de facerse coa calor que queda.

Como tantas cousas que me ensinou meu pai: que non todo necesita présa, que hai que saber cando actuar e cando simplemente deixar que o tempo faga a súa parte.

Estas lentellas saben a casa.


*Receita orixinal en castelán
Lentellas con salmón de meu pai
Lentellas con salmón de meu pai
Categoría Caldos e sopas
Comensais 2 personas
Tempo de elaboración 15 minutes
Tempo de cocción 40 minutes
Lentellas con salmón de meu pai

Ingredientes:

  • 100 g de lentellas
  • 1 filete grande de salmón
  • 1 Cenoria
  • 1 Tomate
  • 1 Cebola
  • Caldo de verduras
  • 1 dente de allo
  • Pirixel fresco
  • 1 cdña de pemento doce
  • 20 Abelás torradas
  • Aceite de oliva
Lentellas con salmón de meu pai
Lentellas con salmón de meu pai

Preparación:

  • Se utilizamos lentellas secas, deixámolas en remollo durante unhas 2 horas. Se queremos facer unha versión rápida, podemos utilizar lentellas cocidas.
  • Preparamos un rustrido coa cebola e mais co tomate, engadindo un pouco de aceite de oliva.
  • Incorporamos o caldo de verduras, a cenoria e mais as lentellas. Cociñamos durante uns 30-40 minutos, desde que partimos da auga fría ata que as lentellas estean tenras.
  • Mentres, preparamos a picaña triturando o aceite de oliva, o allo, o pirixel, o pemento doce e as abelás torradas.
  • Cando as lentellas estean listas, engadimos unha cullerada da picaña e mesturamos ben.
  • Apagamos o lume e engadimos o salmón cortado en tacos, aínda cru.
  • Tapamos a pota e deixamos que o salmón se cociñe lentamente coa calor residual das lentellas.
  • Servimos quente e, sobre todo, compartimos.