Crema de coliflor
por: Fernando Morán
Crema de coliflor
por: Fernando Morán
Pois, para presentarme aquí, quixen facelo cunha receita moi sinxela pero moi saborosa. Prepareina en moitas ocasións e sempre consigo escoitar algunha exclamación de satisfacción.Realmente é unha das cremas que convén ter sempre á man, porque é un magnífico recurso para iniciar o menú.Substituír a coliflor polo brócoli é tamén unha boa opción, aínda que eu quedo con esta.*Receita orixinal en castelán

Categoría Caldos e sopas
Comensais 4 personas
Tempo de elaboración 15 minutes minutes
Tempo de cocción 40 minutes minutes
Ingredientes:
- 800 g de coliflor
- 300 g de patacas
- 750 ml de caldo de verduras
- Dados de pan fritidos
- Sal
- Pementa
- 3 cdas de aceite de oliva
Preparación:
- Abrimos a coliflor, separamos as ramiñas e lavámolas ben.
- Mondamos as patacas e cortámolas en cubos.
- Poñemos o aceite de oliva nunha pota a lume medio alto.
- Cando o aceite se quentou, engadimos as patacas e mais a coliflor.
- Salpementamos e rustrimos todo xunto durante un par de minutos.
- Engadimos o caldo e, cando empece a ferver, tapamos e deixamos cocer durante uns 15 minutos.
- Comprobamos que os elementos están tenros e retirámolos do lume.
- Trituramos ben todo ata conseguir unha crema de textura suave.
- Logo engadimos a manteiga e mesturamos ben ata que estea totalmente integrada.
- Se for preciso, rectificamos de sal e pementa.
- Empratamos e engadímoslle a cada prato uns datos de pan fritido e mais un fío de AOVE.
- Servir e desfrutar.
