Galletas de avea con chips de chocolate
por: Agustina Agustina Álvarez
Galletas de avea con chips de chocolate
por: Agustina Agustina Álvarez
Unha receita vegana, das que non hai moitas, supersinxela e apta para todo tipo de público. Se se cambia a fariña, é apta para celíacos e, dependendo dos toppings, tamén o é para persoas alérxicas aos froitos secos. É tan versátil que tiña que compartila.
*Receita orixinal en castelán
*Receita orixinal en castelán

Categoría Vexetariano e vegano
Comensais 3 personas
Tempo de elaboración 40 minutes minutes
Ingredientes:
- 120 g fariña
- 50 g azucre
- 1 chisco de sal
- 1 Chisco de fermento
- 90 g aceite
- 6 cdas de leite vexetal avea, soia, améndoa...
- 100 g de toppings ao gusto
Preparación:
- Poñer nun bol todos os ingredientes secos e mesturar. Seguidamente, incorporar á mestura os ingredientes que faltan e volver mesturar.
- Cando teñamos a nosa masa de galletas, podemos engadir os toppings que queiramos. Neste caso, chips de chocolate.
- Formar boliñas do mesmo tamaño e esmagalas lixeiramente.
- Ao forno durante 20 minutos a 180 ºC e listo!
