Madalenas especiadas con pebidas de chocolate
por: Laura Domínguez Romo
Madalenas especiadas con pebidas de chocolate
por: Laura Domínguez Romo
É especial para min e non quero que se perda porque ma ensinou a facer miña avoa, e gardo moi boas lembranzas das tardes na súa casa merendando as magdalenas.

Categoría Sobremesas e doces
Comensais 12 persoas
Tempo de elaboración 25 minutes minutes
Tempo de cocción 15 minutes minutes
Ingredientes:
- 1 vaso de aceite de oliva. Medida de vaso de iogurt
- 3 vasos de fariña. Medida de vaso de iogurt
- 2 vasos de azucre. Medida de vaso de iogurt
- 1 iogurt natural
- 16 g levadura
- 3 Ovos
- 1 puñado de chocolate negro troceado ou pebidas de chocolate
- Especias ao gusto: canela, xenxibre ou noz moscada
Preparación:
- Primeiro batemos os ovos co azucre ata que dobren o seu tamaño.
- Despois engadimos o aceite e o iogur e mesturamos ben.
- Despois engadimos a fariña, o lévedo e as especias e mesturamos.
- Botamos a masa en moldes de madalenas e engadimos o chocolate por riba (afundíndoo un pouco na masa).
- Forneamos 15 minutos a 180 ºC.
- Sacamos e deixamos arrefriar antes de comelas.
- E a desfrutar dun almorzo ou dunha merenda riquísima.
