Torta matilda
por: Lorena Pérez Vietes
Torta matilda
por: Lorena Pérez Vietes
Torta imprescindible e moi recomendable para os amantes do chocolate, que evoca épocas de aniversarios da infancia, tardes de merenda con vaso de leite e festas ou eventos para o goce entre amigos e familiares.
*Receita orixinal en castelán
*Receita orixinal en castelán

Categoría Sobremesas e doces
Comensais 10 personas
Tempo de elaboración 1 hour hour
Tempo de cocción 50 minutes minutes
Ingredientes:
Para a torta:
- 320 g fariña
- 450 g de azucre
- 135 g de cacao puro
- 1 cda bicarbonato
- 1,5 cda po para cocer no forno
- 1,5 cda sal
- 3 Ovos
- 1 cda aroma vainilla
- 360 g buttermilk
- 165 g aceite xirasol
- 160 g café quente
- 100 g auga quente
Para o recheo e a cobertura:
- 225 g chocolate
- 300 g Nata
- 85 g manteiga
- 75 g doce de leite
Almibre
- 50 g auga
- 25 g azucre
- 4 g de cacao
- 1 cda de esencia de vainilla
Preparación:
- Mestura os ingredientes secos.
- Agrega pouco a pouco os húmidos na seguinte orde: ovos, vainilla, buttermilk, aceite, auga e café quente.
- Reparte a mestura en 2 moldes de 20 cm de diámetro.
- Mete 50 minutos no forno, prequentado a 180 graos.
- Arrefría completamente, envólveos en filme e á neveira.
Recheo:
- Quena a nata e, cando entre en ebulición, vértea enriba do chocolate cortado en anacos e mestura ata que estea todo integrado.
- Engade o doce de leite e integra.
- Engade a manteiga en pomada e integra.
- Cubre co filme a pel para que non cree crosta e garda unhas horas na neveira.
Almibre:
- Quenta auga con azucre, cacao e esencia de vainilla. Unha vez que estea todo disolto, deixa arrefriar.
Montaxe:
- Corta os biscoitos polo medio.
- Cubre o primeiro biscoito co almibre con axuda dun pincel.
- Cubre con capa de recheo.
- Repite colocando capa de biscoito, de almibre e de recheo ata acabar con todas as capas do biscoito.
- Cubre todo o biscoito co recheo e decora.
