Pescada en prebe
por: Antía García
Pescada en prebe
por: Antía García
Esta receita é especial para min e non quero que se perda xa que é o prato por excelencia da miña nai e triunfa con todo aquel que o proba. Ademais, podes empregar o peixe que prefiras. Neste caso, eu fíxeno con pescada, pero podes utilizar esta mesma receita con peixe sapo, cocochas... incluso o prebe é xenial para unhas ameixas se lle engades tamén un pouquiño de tomate.
*Receita orixinal en castelán
*Receita orixinal en castelán

Categoría Peixes e mariscos
Comensais 4 personas
Tempo de elaboración 2 minutes minutes
Tempo de cocción 30 minutes minutes
Ingredientes:
- 1 Pescada cortada en toradas
- 1 y 1/2 Cebola
- Pirixel fresco
- Allo
- Aceite de oliva
- Patacas
- Viño branco
Preparación:
Para o prebe:
- Picamos a cebola. A cantidade é un pouco a ollo: podes usar unha cebola grande ou unha e media se ves que son algo máis pequenas. Se che resulta máis doado, podes usar unha picadora.
- Botamos abundante aceite nunha tixola e refogamos a cebola previamente picada, engadindo un par de dentes de allo tamén picadiños. Acórdate de engadir sal ao gusto!
- Cando a cebola estea refogada, engadimos pirixel picado (a ollo) e viño branco. Isto tamén o boto a ollo, aproximadamente medio vaso. Deixamos que se evapore o alcol do viño.
- Unha vez que estea feito o prebe, pasámolo polo batedor.
Para finalizar o prato:
- Cortamos as patacas en rodas finas (isto é importante). A min gústame cocelas un pouquiño antes, sen que cheguen a estar cocidas de todo.
- Collemos unha pota e colocamos un pouco de salsa. Dispoñemos sobre ela unha cama de patacas e cubrímolas co resto de salsa. A idea é que as patacas queden totalmente cubertas, tamén por debaixo.
- Enriba, poñemos o peixe, engadimos algo de sal por enriba, tapamos a pota ou a tixola grande e deixamos que se faga durante aproximadamente media hora.
- Mentres, podes darlles a volta ás toradas de peixe para asegurarte de que se fagan ben. Vixía tamén que as patacas non se queimen por debaixo, movéndoas un pouco de vez en cando.
