Vasiños de pastel de atún
por: María Santos
Vasiños de pastel de atún
por: María Santos
Esta receita forma parte desas receitas sinxelas que sempre paga a pena gardar porque podes preparala con antelación, xa que se pode conservar na neveira durante 3 días e é ideal para conquistar os teus invitados sen pasares moito traballo.
*Receita orixinal en castelán
*Receita orixinal en castelán

Categoría Peixes e mariscos
Comensais 4 personas
Tempo de elaboración 1 hour hour 20 minutes minutes
Ingredientes:
- 4 Patacas medianas
- 30 g manteiga
- 150 ml de leite quente
- 50 ml de nata
- Sal
- Pementa
- 2 latas de atún en aceite. Ben escorrido e esmigallado
- 1 lata de tomate triturado
- 1/2 cebola
- 1 dente de allo
- 2 cdas de aceite de oliva
- 1 cdña de azucre para a acidez
- Sal
- Pementa
- 100 de queixo relado curado. Tipo parmesano
- 2 cdas de olivas negras e verdes moi picadas e escorridas
Preparación:
Crema de pataca:
- Coce as patacas mondadas en auga con sal ata que estean moi tenras.
- Escórreas e pásaas polo pasapurés.
- Engade a manteiga e mestura.
- Incorpora o leite quente pouco a pouco ata lograr unha crema suave e lixeira.
- Engade a nata (isto proporciona maior cremosidade)
- Axusta sal e pementa. Mantén quente.
Salsa de tomate caseira e atún:
- Rustre cebola e allo moi picadiños no aceite de oliva ata que estean brandos.
- Engade o tomate triturado,
- Cociña 15-20 minutos ata que a salsa espese e perda acidez.
- Engade sal, pementa e un chisco de azucre.
- Incorpora o atún escorrido e esmigallado. Mestura ben e cociña 2-3 minutos máis.
- Debe quedar zumarento, integrado na salsa, non seco.
Tellas de queixo con olivas
- Prequentar o forno a 180 ºC
- Mesturar o queixo relado coas olivas be escorridas.
- Formar círculos finos sobre o papel de forno.
- Meter no forno 6-8 minutos ata dourar e deixar arrefriar para que queden crocantes.
Montaxe
- Verte en vasiños resistentes á calor (eu usei envases de iogur).
- Primeiro cubre unha base de crema de pataca quente.
- Deseguido, realiza unha capa de atún con tomate caseiro quente.
- Finalmente, cubre con outra capa de crema de pataca.
