Doce árabe RKHAMA
por: Loubna Aiachi Bouras
Doce árabe RKHAMA
por: Loubna Aiachi Bouras
É un doce especial para min porque me lembra a miña infancia. Adoitaba preparalo a miña nai en días especiais da festividades. Lémbroo con moita emoción e tenrura porque me traslada a momentos cheos de felicidade e de reencontro coa miña familia.
*Receita orixinal en castelán
*Receita orixinal en castelán

Categoría Sobremesas e doces
Comensais 8 personas
Tempo de elaboración 45 minutes minutes
Ingredientes:
- 500 g de cacahuetes sen pel. torrados e triturados
- 100 g galletas trituradas
- 150 ml mel
- 1 cda pequena de canela
- 240 g chocolate branco
- 150 g chocolate negro
Preparación:
- Nun bol, mesturar os cacahuetes, as galletas, a canela e mais o mel ata formar unha mestura homoxénea e consistente.
- Nunha bandexa con papel de forno, estirar a masa coa axuda dun rolete e verter enriba o chocolate negro derretido ao baño maría (deixando un pouco para a decoración final).
- Deixamos repousar na neveira 10 minutos. Despois dámoslle a volta e botamos o chocolate branco ata cubrilo todo. Co chocolate negro sobrante facemos trazos rectos e viceversa.
- Volvemos deixar arrefriar outra vez. Cortamos cun coitelo afiado en forma de cadrados.
