Albóndegas en salsa
por: Cristina Pajares
Albóndegas en salsa
por: Cristina Pajares
É unha receita que fai a miña nai e que sempre nos gustou moito na casa. Recórdame sempre bos momentos coa miña familia, pois adoitaba facela nas fins de semana porque tiñamos máis tempo para pasar xuntos.
*Receita orixinal en castelán
*Receita orixinal en castelán

Categoría Carnes
Comensais 4 personas
Tempo de elaboración 20 minutes minutes
Tempo de cocción 40 minutes minutes
Ingredientes:
Para as albóndegas:
- 500 g Carne picada. Recoméndase mestura de tenreira e porco por seren máis zumarentas.
- 1 Ovo. Para ligar a masa.
- 2 Dentes de allo
- 1 manchea de pirixel picado moi fino
- Migalla de pan humedecida en leite
- Pan relado
- Sal e pementa ao gusto
Para a salsa:
- 1 Cebola grande
- 2 Cenorias. Opcional
- ½ vaso Viño branco
- 400 ml de caldo de carne ou polo
- Aceite de oliva
Preparación:
- Aliñar a carne: nun bol grande, mestura a carne co ovo, co allo, co pirixel e coa migalla de pan remollada e sazona con sal e pementa. Amasa ben ata que quede homoxéneo.
- Formar e fritir: fai boliñas pequenas coas mans. Pásaas por pan relado e fríteas en aceite de oliva quente ata que se douren por fóra. Retira e reserva nunha cazola.
- Refogar as verduras no mesmo aceite (previamente coado, se é necesario), cociña a cebola e a cenoria picadas ata que estean tenras e lixeiramente douradas.
- Ligar a salsa: engádelles unha culleradiña de fariña ás verduras e cocíñaa durante un minuto. Verte o viño branco e deixa que se evapore o alcol a lume medio.
- Cociñar o conxunto: engade o caldo á tixola. Podes triturar as verduras coa salsa se prefires unha textura fina. Verte a salsa sobre as albóndegas na cazola.
- Chup-chup final: cociña todo xunto a lume suave durante uns 15-20 minutos para que os sabores se integren e a carne termine de cociñarse por dentro.
