Paté de centolo
por: Ana Rodríguez
Paté de centolo
por: Ana Rodríguez
Esta receita lémbrame todas as ceas de Nadal coa miña familia cando os meus curmáns e mais eu eramos pequenos. Como non sabiamos pelar o marisco, sempre tiñamos este paté para nós.
*Receita orixinal en castelán
*Receita orixinal en castelán

Categoría Entrantes e aperitivos
Comensais 4 personas
Tempo de elaboración 10 minutes minutes
Tempo de cocción 5 minutes minutes
Ingredientes:
- 1 lata de anchoas en aceite de oliva
- 1 lata de mexillóns ao natural
- 5 unidades de paus de cangrexo
- 3 cdas de maionesa. Pode ser comprada ou feita na casa.
- 1 Ovo
- Pirixel
- 1 bolsa de picos, regañás ou tostas
Preparación:
- Nun recipiente fondo, colócanse as anchoas co aceite de oliva escorrido previamente.
- Deseguido, engádense os paus de cangrexo, a lata de mexillóns e as culleradas de maionesa.
- Co batedor, batemos todos ata que quede unha consistencia espesa. Se o sabor está moi forte, débense engadir máis paus de cangrexo e, se se quere menos denso, engadir máis maionesa.
- Engádese a mestura a un bol e, para decorar, pódese cocer un ovo previamente e relalo por enriba, engadindo tamén un pouco de pirixel.
- Servir acompañado dos picos de pan.
- Unha receita simple, con produtos sinxelos pero moi resultona e adictiva.
