Pulpiño pequeno "Menos é máis"
por: Paz Gómez Falcón
Pulpiño pequeno "Menos é máis"
por: Paz Gómez Falcón
Na nosa familia sempre nos gustou o produto do mar; dun tempo para aquí estase encarecendo e valoramos máis acceder a un pulpiño pequeno da nosa costa, ben preparado con amor e agarimo. Ás veces, menos é máis.

Categoría Peixes e mariscos
Comensais 3
Tempo de elaboración 30 minutes minutes
Tempo de cocción 25 minutes minutes
Ingredientes:
- 750 g polbo
- 3 litros de auga
- Aceite
- Sal gorda
- Pementón doce e/o picante
Preparación:
- Poñemos unha pota con 3 litros de auga a ferver.
- Temos desconxelado un pulpiño pequeno de aproximadamente 750 g.
- Cando a auga ferva, asustamos o polbo tres veces e deixámolo cocer durante 15–20 minutos.
- Unha vez cocido, escurrimos ben e partímolo en talladiñas para botarlle sal, aceite e pemento.
- Acompañar con pataca cocida se se quere completar.
