Brownie de chocolate
por: Marta Fernandez
Brownie de chocolate
por: Marta Fernandez
É especial para min porque ma dixo a miña irmá. Está súper deliciosa e non quero que se perda esa sobremesa. Ademais, adoitamos facela unha vez ao mes porque me queda espectacular.
*Receita orixinal en castelán
*Receita orixinal en castelán

Categoría Sobremesas e doces
Comensais 4
Tempo de elaboración 20 minutes minutes
Tempo de cocción 40 minutes minutes
Ingredientes:
- 150 gramos chocolate
- 200 gramos manteiga
- 200 gramos azucre
- 80 gramos fariña
- 4 Ovos
- 10 Noces
- 1 cullerada fermento
Preparación:
- Poñer nun bol os ovos e incorporar pouco a pouco o azucre e bater.
- Cortar en anacos o chocolate e mais a manteiga e fundir ao baño maría.
- Engadir o bol á mestura anterior e remexer.
- Engadir a fariña, o fermento e mais as noces cortadas en anacos e bater.
- Untar un recipiente e verter a mestura.
- Prequentar o forno a 180º e cocer nel durante 40 minutos.
- Decorar con chocolate fundido ao gusto.
