Compartimos las recetas

CONCURSO “COMPARTIMOS AS RECEITAS” 2026

GADISA RETAIL SLU, C.I.F. B-15735590 con domicilio social no Polígono de Piadela, s/n, 15300 Betanzos, A Coruña, en adiante, GADIS Organizador), organiza o I Concurso de Compartimos as receitas de Gadis Supermercados de acordo coas condicións que se sinalan deseguido.

PRIMEIRA: OBXECTIVO

O obxectivo do concurso é a creación dun gran Receitario Online de receitas con vencello emocional. De entre todas as receitas publicadas, seleccionaranse as que formarán parte del, segundo as bases da promoción.
A modalidade de participación é online na páxina web https://www.gadis.es/compartimoslasrecetas

SEGUNDA: VIXENCIA

As datas de inscrición e de participación serán desde o 16 de abril ata as 23:59 horas do 31 de outubro de 2026.
O nome dos autores da receita gañadora do sorteo mensual comunicarase entre o día 1 e 5 do mes seguinte. Estas datas poderán verse alteradas por calquera causa que GADIS considere necesarias ou por foza maior, todo o cal se comunicará oportunamente.

TERCEIRA: PARTICIPANTES. INSCRICIÓN E REXISTRO DE RELATOS

Participantes. A acción está dirixida a maiores de 18 anos, residentes en España, de todo o territorio nacional. Non poderán participar menores de idade nin persoas xurídicas.

 

Inscrición e rexistro de receitas. A inscrición do autor e o rexistro da súa receita realizarase no mesmo momento, a través do formulario que se habilitará no web do concurso desde o 16 de abril de 2026 e ata o 31 de outubro de 2026 (23:59h).
Os participantes deberán cubrir o formulario de rexistro integramente e de forma veraz. Non está permitido incorporar datos de terceiros. Todos os participantes garanten a veracidade, exactitude, vixencia e autenticidade dos datos persoais facilitados. Os participantes cuxos datos non estean correctamente cubertos, ou que enviasen a súa receita fóra do prazo habilitado, non serán considerados participantes válidos.
O participante garante igualmente que a súa participación non infrinxe dereitos de propiedade intelectual, industrial, imaxe, honra, nin calquera outro dereito de terceiros. GADIS poderá excluír, retirar ou deixar sen efecto calquera participación sobre a que existan indicios de plaxio, copia non autorizada ou infracción de dereitos de terceiros, incluso aínda que fose seleccionada como gañadora. O participante responderá fronte a GADIS e manterao indemne fronte a calquera reclamación, dano ou perxurio derivado do incumprimento desta garantía.

CUARTA: REQUISITOS DAS RECEITAS PARTICIPANTES

  • É necesario completar todos os campos marcados como obrigatorios.
  • Se estás rexistrado na app Gadis +, ademais de participar no concurso poderás recibir 3€ se utilizas o mesmo email e teléfono na conta Gadis + e no concurso de receitas.
  • Os idiomas utilizados serán o galego ou o castelán.
  • O formato para incorporar a receita será mediante un formulario no web do concurso.
  • As receitas non deberán incluír no apartado ingredientes ningunha marca comercial.
  • Todas as receitas deberán conter no apartado “Que significa para ti?” un mínimo de 150 caracteres.
  • Será obrigatoria foto do prato preparado en formato .jpg ou .png, vertical e cun peso máximo de 2 mb.
  • Quedarán excluídos de participación os contidos de mal gusto, obscenos, malsoantes ou que resulten violentos ou agresivos, especialmente para colectivos protexidos ou vulnerables. Calquera apoloxía da violencia, especialmente da violencia de xénero, suporá a eliminación automática. Quedará á completa discreción da organización velar polo cumprimento desta cláusula, e non se dará lugar a reclamacións ulteriores por este motivo.

QUINTA: DESENVOLVEMENTO DO CONCURSO

  • A inscrición dos participantes e mais o rexistro das receitas realizarase entre o 16 de abril ata as 23:59 horas do 31 de outubro de 2026. Semanalmente, e durante a vixencia das datas de inscrición, a organización publicará as receitas na páxina web, agás as daqueles que incumpran estas bases.
  • Os 300 primeiros participantes rexistrados na app Gadis +, que suban a receita cumprindo as bases, terán un (1) ingreso dun (1) vale de 3€, que se depositará directamente no apartado carteira Gadis da app Gadis + de cada participante agraciado (1 único cheque por participante agraciado). Os vais cargaranse o último día laborable do mes. Este cheque de compra non será aplicable ás compras realizadas vía gadisline.com.
  • Cada mes, durante a vixencia do concurso, a organización sorteará un premio, entre todos os participantes.

SEXTA: SELECCIÓN DAS RECEITAS GAÑADORAS. NOTIFICACIÓN

Elección do xurado. A elección das receitas que formarán parte do receitario online, realizarase mediante un xurado composto por membros da organización.
O criterio para escoller seleccionados será totalmente discrecional e subxectivo.
Ao corresponderlle a elección a un xurado, non haberá lugar para reclamacións posteriores.

 

Notificación. Os nomes e apelidos dos gañadores dos sorteos publicaranse na páxina web e nas redes sociais oficiais de GADIS (Facebook, X, Youtube, Instagram). Aos gañadores notificaráselles a súa condición mediante un correo electrónico e/ou chamada telefónica segundo os seus datos de rexistro sen que sexa necesaria resposta de aceptación. Para a efectiva entrega do premio, GADIS poderá requirir a aceptación expresa do premio e mais a acreditación da identidade no prazo de 10 días naturais desde a notificación.
Cada receita publicada publicarase en galego e mais en castelán (traduciranse para que cada un poida lela na súa lingua) e irá acompañada do nome, título da receita e autor ou autora. As receitas poderán publicarse con ditos datos tamén nas redes sociais de GADIS para animar á participación no concurso.

SÉTIMA: PREMIOS

Entre todos os participantes, sortearase un premio mensual (indícanse a continuación):

 

  • ABRIL: 1 THERMOMIX TM7
  • MAIO: 1 BATEDOR DE VASO SMEG
  • XUÑO: 1 AIR FRYER STUDIO CRYSTAL CREATE
  • XULLO: 1 SANDWICHEIRA/GOFREIRA/GRILL CREATE
  • AGOSTO: 1 BATEDOR AMASADOR CON CABEZAL INCLINABLE DE 4.8L
  • SETEMBRO: 1 OLA A PRESIÓN ELÉCTRICA MULTIPROGRAMABLE 6L CREATE
  • OUTUBRO: 1 COCOTTE OVAL DE fERRO FUNDIDO 6.3L LE CREUSET

 

Cada premio é como se expón e non inclúe outro concepto, salvo os que estean expresamente previstos. Ademais, os 300 primeiros participantes rexistrados na app Gadis +, terán un premio que consistirá nun cheque de 3€ na app Gadis +.

No caso de que os datos identificativos non sexan correctos ou sexa imposible contactar cos gañadores a través dos datos facilitados no formulario de rexistro no prazo de 10 días naturais, o premio quedará deserto sen posibilidade de que poida reclamarse a súa entrega con posterioridade. A entrega do premio será acordada con cada gañador no supermercado Gadis que nos indique.

OITAVA: CONDICIÓNS DOS PREMIOS

  • Os gañadores deberán acreditar a súa identidade mediante presentación do DNI, NIE ou otro documento válido de identidade, ante a persoa responsable do GADIS. No caso de requirirse dita comprobación de identidade e algún dos agraciados non o fixese, perderá o dereito ao premio.
  • Os premios en ningún caso poderán ser obxecto de cambio, alteración, compensación económica ou cesión por pedimento dos gañadores.
  • Se, por calquera razón allea a GADIS non houbese dispoñibilidade dos premios, queda reservado o dereito de substituílo por outro de igual custo.
  • O premio é intransferible.
  • O tratamento fiscal dos premios será o que resulte aplicable conforme á normativa vixente en cada momento. No caso de que proceda practicar ingreso a conta ou retención, GADIS actuará conforme a dita normativa e comunicaralle ao gañador as obrigas fiscais que, de ser o caso, lle correspondan.

NOVENA: PUBLICACIÓN DE DATOS E DEREITOS DE IMAXE

Por motivos de transparencia e por respecto ao dereito moral da receita, os participantes inscritos autorizan expresamente a publicación na páxina web e nas redes sociais oficiais, se se trata dos gañadores, dos seus nomes e apelidos, xunto coa receita participante.

 

Todos os participantes autorizan a GADIS a reproducir, a utilizar e a difundir o seu nome, apelidos e imaxe en calquera actividade publicitaria e/ou promocional que estea relacionada con esta acción, todo iso en calquera medio (perfís de redes sociais de GADIS, web site, entre outros) sen que obteñan dereito de remuneración nin beneficio ningún con excepción da entrega do premio obtido conforme a estas bases.

DÉCIMA: PROPIEDADE INTELECTUAL E CESIÓN DE DEREITOS

Sendo o obxectivo do concurso a creación dun receitario online requirirase que os autores cuxas receitas fosen publicadas para formar parte de dito receitario, cedan os seus dereitos de propiedade intelectual en favor de GADIS, e en concreto os seus dereitos de explotación. Para todos os efectos, entenderase que o participante acepta os termos desta cesión polo feito de marcar a opción de aceptación das bases legais no formulario de participación. Se o participante non está de acordo cos seus termos, deberá absterse de participar coa súa receita.

 

1. Publicación de receitas
Todas as receitas participantes que cumpran estas bases poderán pulicarse na “páxina web do concurso e no receitario online”, co que a cesión comprende expresamente o necesario para a realización de dita publicación.

 

2. Dereitos morais
Os dereitos morais da obra (recoñecemento da autoría, integridade da obra e divulgación) pertencerán sempre ao autor ou autora da receita e quedan expresamente excluídos desta cesión. En todo caso, o Organizador respectará a identificación do autor na forma e no soporte en que se publique a receita.

 

3. Dereitos de explotación cedidos
O participante cede en favor de GADISA RETAIL dereitos de explotación da receita presentada, nos seguintes termos:
Dereitos de reprodución e comunicación pública:
Reproducir a receita e poñela á disposición do público a través de internet, co fin de que se poida publicar na páxina web deo concurso, no receitario online e nos soportes digitais que se habiliten con tal finalidade.

 

4. Dereitos de reprodución e distribución:
Reproducir a receita a través de calquera sistema gráfico, mecánico, electrónico, reprográfico, dixital ou de calquera outra índole, e distribuíla en calquera formato ou soporte (físico e/ou dixital) e a través de calquera canle, incluíndo a posta á disposición gratuíta, a venda, o alugueiro, o empréstito ou calquera outra modalidade lícita de explotación.

 

5. Dereitos de comunicación pública:
Comunicar a receita ao público mediante proxección audiovisual, representación escénica, emisión por radiodifusión, transmisión por cable, fibra óptica, con arames ou sen arames, sistemas telemáticos, dixitais ou online, e incorporala a bases de datos ou a través de calquera outro sistema.

 

6. Dereitos de transformación e obras derivadas:
Traducir, adaptar, modificar ou crear obras derivadas a partir da receita (incluíndo adaptacións didácticas, guións etc.), sempre respectando a autoría e os dereitos morais do autor.

 

7. Dereitos de edición e difusión:
Edición en calquera formato (tapa dura, tapa flexible, edicións económicas ou de peto, especiais, ilustradas, para empresas, escolas, clubs, clubs dixitais, CD‑ROM ou outros soportes dixitais ou magnéticos), así como a inclusión parcial ou completa en coleccións, publicacións periódicas, catálogos e bases de datos.

 

A cesión outórgase en exclusiva e con facultade de ceder ou de licenciar a terceiros. A cesión é gratuíta, sen que o participante teña dereito a remuneración adicional máis alá da participación no concurso e do premio que puidese corresponderlle.

 

A cesión será válida polo prazo máximo permitido pola normativa de propiedade intelectual aplicable e terá alcance mundial.

UNDÉCIMA: RESPONSABILIDADE E RESERVA DE DEREITOS

  • GADIS resérvase o dereito a excluír do concurso os que non cumpran cos requisitos de participación.
  • GADIS resérvase o dereito a excluír a participación ou de deixar os premios desertos no caso de que que existan presuncións de fraude ou porque non se cumpre cos criterios do xurado.
  • GADIS poderá realizar modificacións á mecánica co obxecto de mellorala ou para evitar actitudes fraudulentas. Tamén poderá realizar outro tipo de modificacións sempre que estas estean xustificadas e non prexudiquen os participantes.
  • GADIS resérvase o dereito de non admitir ou excluír os participantes ou os gañadores do concurso que facilitasen datos falsos, erróneos, inexactos ou que incumpran o establecido nestas bases, quedando eximido de calquera responsabilidade no suposto de que ditos erros ou falsidades impidan a identificación dos gañadores dos premios.
  • A entidade organizadora resérvase o dereito de manter temporalmente inoperativa a páxina web por razóns de mantemento e/ou seguridade.
  • GADIS exclúe calquera responsabilidade por danos e prexuízos de toda natureza que poidan deberse á falta temporal de dispoñibilidade ou de continuidade do funcionamento dos servizos mediante os que se participa e, en particular, aínda que non de xeito exclusivo, as incidencias que poidan derivar de fallos de acceso a Internet e de erro de calquera mensaxe de correo electrónico destinado a GADIS.

DÉCIMO PRIMEIRA: PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS

En cumprimento do Regulamente (UE) 216/679 do Parlamento Europeo e do Consello (RGPD) e da Lei Orgánica 3/2018 de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais, infórmase deo seguinte:

 

1. Responsable do tratamento: Gadisa Retail SLU con domicilio en Pol. de Piadela s/n 15300 de Betanzos (A Coruña)

 

2. Datos Persoais tratados: Con ocasión da participación no concurso, trataranse os seguintes datos: nome, apelidos, correo electrónico, teléfono, poboación.

 

3. Finalidades e base xurídica:

  1. Para a xestión do concurso e entrega de premios: a base xurídica é a execución do contrato establecido nestas bases.
  2. Para a publicación de resultados e difusión da acción promocional: a lexitimación é o consentimeto outorgado mediante a aceptación destas bases e, de ser o caso, o interese lexítimo do Organizador na promoción da actividade e na súa transparencia.
  3. Para o envío de información comercial: consentimento do interesado que poderá retirar en calquera momento.
  4. Para a recensión do autor/a da receita no desenvolvemento dos dereitos de propiedade intelectual cedidos, incluídos os morais.

 

5. Prazos de conservación: Os datos trataranse durante o tempo necesario para xestionar o concurso, a entrega de premios así como para atender eventuais consultas ou reclamacións. Transcorrido ese prazo, conservaranse para efectos estatísticos durante 3 anos, agás que sexa necesario un prazo maior por obrigas legais.

 

No caso de que autorizase o envío de información comercial, trataranse con dita finalidade mentres non revoque o seu consentimento.
Vostede poderá exercer en calquera momento os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación do tratamento, oposición e portabilidade dirixíndose por escrito a lopd@gadisa.es, indicando en REF. “Compartimos as receitas”. No caso de que o responsable do tratamento teña algunha dúbida razoable en relación coa identidade da persoa que solicita o exercicio de calquera dos dereitos mencionados, poderáselle solicitar o DNI/Documento identificativo para verificar a súa identidade e asegurar e protexer os seus dereitos.

 

Ademais, informámolo/a do seu dereito a presentar unha reclamación ante a Agencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es) se considera que non se atendeu adecuadamente o exercicio dos seus dereitos.

DÉCIMO SEGUNDA: LEXISLACIÓN APLICABLE, ACEPTACIÓN DAS BASES E COMPETENCIA

  • Esta acción regularase pola lei española vixente.
  • A participación no concurso supón a aceptación íntegra e incondicional destas Bases Legais.
  • Estas Bases Legais están suxeitas a posibles cambios que poidan xurdir por motivos alleos á vontade da entidade organizadora, erratas ou por causas de forza maior, modificacións que se integrarán sempre que non prexudiquen os participantes.
  • Poderáselle esixir a cada gañador a sinatura dun documento acreditativo da entrega do premio.
  • Todos os conflitos que poidan xurdir someteranse á decisión dos tribunais da Coruña.

DÉCIMO TERCEIRA: ACEPTACIÓN DAS BASES E DA PROTECCIÓN DE DATOS

A participación no concurso supón a aceptación íntegra e incondicional destas Bases Legais, incluída a cláusula de Protección de Datos Persoais.