Guiso de caiota e gambas
por: Mercedes Pérez
Guiso de caiota e gambas
por: Mercedes Pérez
Esta receita é moi especial para min porque é un dos primeiros pratos que o meu noivo e mais eu "creamos" cando nos mudamos xuntos por primeira vez. Gústanos a idea de que sexa unha receita xeracional e que llela vaiamos pasando aos nosos fillos e que fósemos nós os primeiros en establecer esta tradición. A el gústalle moito cociñar e, facendo a compra, vimos que nos Gadis da nosa zona (Galicia) adoitan ter caiotas. Non coñeciamos esta hortaliza e decidimos mercala e crear unha receita que fomos mellorando co tempo e adaptando aos nosos gustos.
*Receita orixinal en castelán
*Receita orixinal en castelán

Categoría Caldos e sopas
Comensais 4 personas
Tempo de elaboración 45 minutes minutes
Tempo de cocción 30 minutes minutes
Ingredientes:
- 12 Lagostinos
- 1 Cebola pequena
- 2 Dentes de allo
- 300 ml de caldo de verduras
- 1 anaco de xenxibre pequeno
- 1 manchea de quinoa ou de arroz opcional
- Follas de col rizada opcional
- Aceite de oliva
- Sal
Preparación:
- Cocer os lagostinos. Pelalos cando estean cocidos.
- Mondar as caiotas, quitarlles as sementes e cortalas en dados medianos.
- Cociñar a lume medio-alto durante 1-2 min o xenxibre, a cebola, o allo e mais os lagostinos pelados.
- Nunha pota, engadir todos os ingredientes do paso anterior, a caiota en dados e o caldo de verduras. Tapar e cociñar 7-8 min (ata que a textura da caiota estea ao noso gusto).
- E... listo para comer!
- *Se non venden caiotas na vosa zona, podedes substituílas por cabaciñas 🙂
