Welcome to Evently

Lorem ipsum proin gravida nibh vel veali quetean sollic lorem quis bibendum nibh vel velit.

Evently

Stay Connected & Follow us

Simply enter your keyword and we will help you find what you need.

What are you looking for?

O desperdicio alimentario é un dos problemas económicos, sociais e ambientais máis importantes na actualidade. Cada ano desperdícianse no mundo máis de 1,3 millóns de alimentos. Ou o que é o mesmo, un terzo da comida producida non chega ao seu destino: alimentar o noso organismo. Ante estas cifras desde Gadis queremos axudar a comprender mellor esta realidade complexa, podendo así contribuír a minimizar o seu impacto. Que é o desperdicio alimentario?   Os alimentos que se desaproveitan pese a que aínda teñen valor como recurso nutritivo para as persoas constitúen o desperdicio alimentario. Distínguese entre: Perdas (food losses) ao longo da cadea de distribución que inflúen na cantidade ou calidade nutritiva do alimento. Desperdicios de comida (food waste) nos puntos de venda

O pasado 14 de novembro foi o Día Mundial da Diabetes co lema Mulleres e Diabetes: O noso dereito a un futuro san. Esta celebración, impulsada pola Federación Internacional de Diabetes e a Organización Mundial da Saúde por primeira vez en 1991, busca aumentar a concienciación global sobre esta afección. Desde Gadis sumámonos a esta iniciativa e queremos, con este artigo,  contribuír a dar a coñecer esta enfermidade, que aumenta a súa incidencia día a día en todo o mundo. De feito, a OMS indica que o número de persoas con diabetes aumentou de 108 millóns en 1980 a 422 millóns en 2014.   Que é a diabetes?   A diabetes é unha enfermidade que se presenta cando o nivel de glucosa no sangue, tamén

Durmir ben e suficiente é tan necesario como comer ben e exercitarse. O soño e a saúde Parástesvos a pensar que cando un neno pequeno chora sen razón aparente, dicimos que ten soño? Dicímolo porque sabemos que o humor nos bebés é directamente proporcional ao descanso que teñan. Con todo, a medida que crecemos esquecémonos disto e, seica, non deberiamos pensar o mesmo dos adultos? O soño inflúe tanto na saúde física como mental. O corpo e a mente necesitan recuperarse da tensión do día. Poida que ás veces non sexamos conscientes de canto necesitamos unha boa sesta. Tentamos suplantar a necesidade de durmir con elevadas doses de cafeína, que son prexudiciais para un soño reparador á noite. Durmir máis e mellor é

O 19 de outubro é un día para recordar o compromiso que todas as persoas da sociedade tenmos na loita contra o cancro de mama.   O cancro de mama é o máis frecuente entre mulleres occidentais. Estímase que 1 de cada 8 mulleres padecerá esta enfermidade ao longo da súa vida. Sen embargo, os avances na investigación para o seu tratamento e diagnose precoz fan que a superación do cancro de mama sexa de máis dun 80%. Se é detectado nunha etapa inicial, é de case o 100%. Alimentación e prevención do cancro. O cancro de mama, ao igual que os outros, non se pode previr. Si pódense levar a cabo hábitos de vida saudables que reduzan a probabilidade de padecelo. A alimentación

O 16 de outubro celébrase o Día Mundial da Alimentación en conmemoración da creación da FAO. Desde Gadis queremos aproveitar esta data tan sinalada para repasar pautas de sostenibilidad.   Que é a FAO?   A FAO é a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (siglas en inglés). Créase no ano 1945 e conta con 198 países membros, entre os que está España. Os seus 3 principais obxectivos son: A erradicación da fame, a inseguridade alimentaria e a malnutrición. A eliminación da pobreza e o impulso do progreso económico e social para todas as persoas. A ordenación e utilización sustentables dos recursos naturais, incluída a terra, a auga, o aire, o clima e os recursos enerxéticos. Desperdicio alimentario   Hoxe en día

O corazón ten sido tema central da medicina, das artes, da filosofía ou da lingüística desde os tempos máis remotos. Hoxe en día, continua a ser uns dos emoticonos máis empregados. É a parte máis apaixonada. A máis leal. A máis doce. É o centro de todo.   Día mundial do corazón. O 29 de setembro celebramos o Día mundial do corazón. A pesar de ser o símbolo universal do amor, as enfermidades cardiovasculares (ECV) son a principal causa de morte a nivel mundial.  A boa nova é que a maioría das ECVs pode previrse grazas a uns hábitos saudables de vida. Por iso, a Federación Mundial do Corazón có apoio da OMS e a UNESCO, designou este día para dar a coñecer

No outono rematan as vacacións e aos poucos imos retomando a rutina. A temperatura xa descendeu uns grados. Os días acúrtanse. Os bosques vístense de amarelos, vermellos e marróns. E a mantiña e o sofá chámannos para gozar xuntos da tempada de outono-inverno. 😊   As catro estacións   A inclinación do eixe da Terra e o movemento de translación son os responsables das catro estacións. En cada unha destas épocas, algunhas rexións reciben distinta cantidade, duración e intensidade de luz dando lugar ás diferenzas entre elas. Nas zonas ecuatoriais, as estacións son só dúas, a estación seca e a estación chuviosa. En Galicia e Castela e León, temos catro estacións bastante definidas. O clima oceánico continental fai que os nosos alimentos se produzan en