Welcome to Evently

Lorem ipsum proin gravida nibh vel veali quetean sollic lorem quis bibendum nibh vel velit.

Evently

Stay Connected & Follow us

Simply enter your keyword and we will help you find what you need.

What are you looking for?

Gadis Colabora .

En Gadis somos conscientes que os retos sociais requiren un esforzo extra que afrontamos a través da colaboración con iniciativas e asociacións para o desenvolvemento de proxectos solidarios, culturais, de fomento do deporte e a vida saudable, e para o desenvolvemento local.

Compromiso local .

En Gadis estamos comprometidos co local e máis de 400 pequenos produtores nos suministran de xeito periódico. Cristina, Dani, Rubén e Tere son algúns deles. Queres coñecelos un pouco mellor? #CompromisoLocal

Deportes e hábitos sans e saudables .

Desde GADISA colaboramos con numerosas iniciativas vinculadas ao deporte en todas as idades.

Ponemos a disposición de nuestros clientes un amplio surtido de productos que ayudan a nuestros clientes a mantener una alimentación sana y desarrollamos actividades para el fomento de hábitos saludables.

Competicións e eventos deportivos

Nosa colaboración coa celebración de eventos e actividades deportivas abarca distintas disciplinas, como carreiras populares, celebración do día da bicicleta, iniciativas relacionadas co motor, campionatos de tenis, pádel, fútbol, golf, baloncesto, deportes de auga ou tríatlon entre outras, como patrocinios, campus ou campamentos.

Cultura .

Proxectos vinculados ao cinema, ao mundo audiovisual e á arte, por exemplo:
  • Colaboración con festivales
      • Cans en Porriño
      • Play Doc en Tui
      • Primavera de Cinema en Vigo
      • Festival de Cinema Internacional de Ourense
      • Mostra de Cinema Periférico de A Coruña
      • Festival de Cinema de Astorga
      • Semana Internacional de Cinema de Valladolid

    Premios

      • Mestre Mateo
      • María Casares de teatro

    Apoios a institucións

      • CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea)
      • Museo do Pobo Galego

Orquesta Sinfónica de Galicia

Mediante esta colaboración e o sorteo de invitacións entre os nosos clientes para os concertos, apostamos por facer máis accesible este tipo de música ao público en xeral.

Día das Letras Galegas

Non faltamos á nosa cita anual coa conmemoración do Día das Letras Galegas, que en 2016 dedicouse ao autor Manuel María.

A compañía editou 20.000 exemplares de «Heiche contar un conto», un novo recompilatorio realizado por Manuel Rico Verea do cancionero tradicional infantil de Galicia, que termina a colección iniciada hai dous anos. Entregáronse exemplares deste libro e marcapáginas en todos os Supermercados Gadis de Galicia.

Ademais, un ano máis Supermercados Gadis converteu as bolsas da compra nun vehículo cultural, distribuíndo máis de dous millóns de unidades cun texto sobre a orixe desta celebración

Festival de Cine Internacional de Ourense
Semana Internacional de Cine de Valladolid
Premios Mestre Mateo 2016
Estreno de «María y los demás»
Festival de la Luz
Festival Portamérica
Festival Internacional de Cine Marítimo
III Festival Internacional
Presentaciones de «Entrar aos Vilares»
Estreno de «Sicixia», de Ignacio Vilar
Festival de Ortigueira
Orquesta Sinfónica de Galicia

Desenvolvo económico local .

Ao longo do ano tamén colaboramos con numerosas iniciativas e asociacións cuxa actividade se centra no impulso da economía local e a posta en valor de produtos locais. Nesta categoría encádranse unha gran variedade de Iniciativas: apoiamos feiras promovidas por organizacións empresariais, a organismos que fortalecen as estruturas socioeconómicas da súa contorna, a actividades para o fomento da innovación e o emprendemento, ou o desenvolvemento de actividades de lecer e dinamización, entre outras.

Patrocinios institucionais .

Equipo paralímpico español

Un ano máis seguimos apoiando ao Equipo Paralímpico Español a través do Plan de Apoio ao Deporte Obxectivo Paralímpico (ADOP), unha iniciativa do Comité Paralímpico Español, o Consello Superior de Deportes e o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, que ten como fin proporcionar aos deportistas paralímpicos españois as mellores condicións posibles para poder levar a cabo a súa preparación e participación nos Xogos Paralímpicos.

A través de Gadis apoiamos ao equipo paralímpico desde 2008, estando presentes en tres Xogos Paralímpicos: Pequín 2008, Londres 2012 e Río de Janeiro 2016.